Benvidos ao blog de Feiraco

Xa temos blog corporativo! Comezamos esta nova andaina coa ilusión de compartir convosco o noso xeito de facer as cousas no sector lácteo.

Dende aquí queremos achegarvos ao día a día da nosa cooperativa e toda a xente que a fai posible, facervos partícipes da nosa forma de traballar e contarvos que hai detrás dos proxectos de innovación que desenvolvemos para mellorar os nosos productos lácteos.

Tamén atoparedes artigos adicados a aqueles temas que máis vos preocupan como consumidores, como a saúde ou a alimentación, e unha categoría específica para nenos, na que vos iremos informando de todas as actividades e accións que facemos para os máis pequenos da familia. E moito máis… Isto é só o principio!

O blog de Feiraco nace coa vontade de crear un espazo compartido convosco, os nosos consumidores. Dende hai máis de 40 anos, traballamos para alimentar un xeito de ser baseado en valores como a cooperación, a xenerosidade e o respecto ao noso contorno. Xunto co noso perfil de facebook e a nosa nova web corporativa, coa apertura desta bitácora damos un novo paso para sentirnos máis preto de vós. Queremos escoitarvos e coñecervos un pouco mellor. Por iso, invitámosvos a participar activamente nesta iniciativa, deixándonos os vosos comentarios e suxestións.

Acompañádesnos na viaxe?

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis