Os traballadores de Feiraco solidarios no Nadal

  • A Cooperativa súmase a esta iniciativa que se enmarca dentro dunha acción social que foi posible grazas ao esforzo e a solidariedade do persoal de Feiraco.
  • Repartindo máis de 1.500 produtos  alimenticios entre as familias máis necesitadas dos concellos da súa bisbarra.

Feiraco e os seus traballadores queren celebrar o Nadal dunha forma especial, cos veciños e amigos que están a atravesar un momento complicado pola grave crise económica que estamos a vivir. O venres 21 de decembro entregarán o seu particular regalo ás familias da súa contorna que están a pasar por unha difícil situación, unha caixa con todo o necesario para a celebrar estas festas tan sinaladas.

A iniciativa naceu no seo do Comité de Empresa de Feiraco, que quixo levar a cabo unha acción social para que as persoas do seu ámbito puidesen ter e compartir cos seus seres queridos algo tan básico como é unha comida digna de Nadal. Con esa finalidade pedíuselle aos compañeiros «un pequeno esforzo» para que colaborasen achegando 10 euros cada un. A Cooperativa pola súa banda comprometeuse a igualar a cantidade recadada entre todos os traballadores da empresa. Durante a semana fóronse sucedendo as doazóns coas que sufragar os máis de 1.500 produtos alimenticios que se repartirán entre aqueles que máis o necesitan, dentro os concellos próximos a Feiraco.

Esta actividade solidaria pon de manifesto o compromiso do equipo de Feiraco e da empresa cos máis desfavorecidos e pretende marcar unha nova liña de axuda social que se repetirá anualmente coincidindo coas datas do Nadal.
A acción voluntaria simboliza a adhesión de todos os traballadores da Cooperativa aos valores que dende sempre promoveu Feiraco, como o fomento da solidariedade en e dende a empresa e cara á sociedade en xeral, e supón o mellor recoñecemento ás súas políticas de Responsabilidade Social.
Estandarte da economía socialmente responsable
A estratexia de Feiraco aséntase en tres piares fundamentais: a Calidade, a Innovación e a Responsabilidade Social Corporativa, como garantes fundamentais da Sostibilidade.

Feiraco é unha compañía socialmente responsable, comprometida cos seus traballadores, cos seus socios, con Galicia e co seu ámbito en todos os sentidos e cos colectivos máis desfavorecidos.

Mostra deste compromiso é a recente solicitude da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia para que Feiraco se incorporase ao «Grupo de Representación Empresarial Galego», para o desenvolvemento de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), constituído para impulsar un novo modelo de negocio máis ético, transparente e sensibilizado co ámbito. Feiraco contribúe a este labor xunto a outras 12 grandes empresas autonómicas, encargándose de tutelar ás PEME galegas para axudalas a avanzar neste campo.

Esta elección, de entre todas as grandes empresas galegas, supón un claro recoñecemento institucional a todos os esforzos realizados por Feiraco neste campo, como principio fundacional que inspirou dende sempre a súa traxectoria empresarial como entidade de economía social, operando sempre sobre a base de que toda organización debe devolver ao ámbito, tanto social coma natural, parte do que este lle achega.

MÁS NOTICIAS

Descubre todas las novedades de Feiraco y mantente al tanto de todo lo que hacemos.

Ver todas las noticias

Feiraco renueva su imagen con el campo gallego como protagonista

13 febrero, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma su convenio colectivo hasta 2026 con la unanimidad de los sindicatos

9 diciembre, 2024

Ler máis

Feiraco regresa a las camisetas del RC Deportivo 24 años después

29 agosto, 2024

Ler máis