Campaña Feiraco fai un trato con Galicia

Feiraco fai un trato con Galicia é o eslogan da campaña de comunicación coa que a Cooperativa Feiraco ensalza os valores propios que vertebran a súa actividade: o orgullo de ser galegos, o coidado do medio natural, a solidariedade e o traballo ben feito. Un traballo que ten unha grande recompensa: o mellor leite do mundo.

A campaña, de ámbito autonómico, busca facerse un oco nos fogares dos consumidores galegos empregando os medios audiovisuais e a publicidade en exteriores.

Spot de televisión

 

3 valores da Cooperativa Feiraco

O ser a única cooperativa de gandeiros que envasa leite galega procedente das súas ganaderías en Galicia, a trazabilidade dos nosos produtos dende a orixe ata o fogar do consumidor e o compromiso coa sostenibilidade e a nosa terra son tres dos valores que caracterizan á Cooperativa Feiraco.

Feiraco ten un trato con Galicia

Feiraco fai un trato con Galicia

Desde a cooperativa de gandeiros facemos partícipes aos nosos consumidores dos valores propios que vertebran a nosa actividade: o orgullo de ser galegos, o coidado da contorna natural, a solidariedade e o traballo ben feito. Un traballo que ten unha gran recompensa: o mellor leite do mundo.

En Feiraco mantemos un firme compromiso coa calidade para ofrecerche os mellores produtos lácteos, saudables e elaborados de maneira responsable e sustentable só con leite galego 100% das nosas ganderías. Ademais, apostamos polo fomento do desenvolvemento económico e social de Galicia, dando valor e apoiando a produción gandeira dos nosos socios.

 

O noso segredo, os gandeiros

Feiraco pertence a un grupo de gandeiros galegos e o leite que se utiliza nos seus produtos procede exclusivamente das súas vacas.

Os nosos gandeiros son a chave da creación de Feiraco como cooperativa. Socios que souberon adaptarse aos cambios do paso do tempo e que fixeron posible a modernización do agro galego. Todos eles son a historia viva de Feiraco que axudaron, co seu esforzo, a construír a Galicia de hoxe.

Sabías que a Cooperativa Feiraco está formada por 2.114 socios e 490 ganderías que nos entregan leite, todas elas situadas en Galicia?

Este é o segredo dos nosos produtos lácteos e do mellor leite do mundo. Gózaos.

Cociña con Feiraco unhas madalenas de nata

Os iogures e o leite son bos sustitutos da nata en múltiples receitas, mais a nata para bater Feiraco aporta un sabor e textura singulares aos vosos pratos coa que marcaredes a diferenza. De cando en vez, agradécense receitas como biscoitos, bicas, tortas e mesmo madalenas con nata, como as que vos presentamos hoxe. Continue reading “Cociña con Feiraco unhas madalenas de nata”

A Fundación Feiraco co empoderamento en feminino

Obradoiro para o empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa é o título do ciclo de sesións que acolle a Rede Eusumo na Fundación Feiraco este verán. Os técnicos especialistas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) son os encargados de impartir as 7 sesións das que consta o programa.

Continue reading “A Fundación Feiraco co empoderamento en feminino”

Vacacións Feiraco 2016

Feiraco lévate de vacacións este verán. Sorteamos 2.000 euros cada semana para as túas vacacións!

Desde xa e ata o 17 de xullo busca os nosos agrupadores de leite Feiraco enteiro, semidestanado e desnatado coa gráfica da promoción. Ti podes ser unha das 10 persoas afortunadas que reciba 2.000 euros para as súas vacacións ?

Participar é moi doado
1º) Merca 2 caixas agrupadoras de leite Feiraco e recorta o código de barras identificativo da promoción que trae cada unha das caixas (non o dos cartóns de leite).

2º) Envía os 2 códigos de barras, xunto cos teus datos persoais completos (nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto) ao Apdo. de Correos 78. 15864 – Ames, poñendo no sobre Promoción Vacacións Feiraco.

Cantas máis cartas envíes, máis posibilidades tes de gañar!!

Sorteos
Celebraráse un sorteo semanal entre o 16 de maio e o 24 de xullo de 2016. Os gañadores publicaránse nesta páxina web e na nosa páxina de Facebook.

Sorteo número 1: Realizado ante notario 19/05/2016

ganador_1701x720_gal-01

Sorteo número 2: Realizado ante notario 26/05/2016

ganador_1701x720_gal-01-oral01-1

Sorteo número 3: Realizado ante notario 2/06/2016

stopper

Sorteo número 4: Realizado ante notario 9/06/2016

ganador_1701x720_gal

Sorteo número 5: Realizado ante notario 16/06/2016

Sorteo-5-Feiraco_ganador_1701x720_gal-01-1

Sorteo número 6: Realizado ante notario 23/06/2016

FEIR-sorteo-1701x720_gal

Sorteo número 7: Realizado ante notario 30/06/2016

Sorteo 07_ganador_1701x720_gal

Sorteo número 8: Realizado ante notario 07/07/2016

Sorteo 08_ganador_1701x720_gal

Sorteo número 9: Realizado ante notario 14/07/2016

Feiraco Vacaciones ganador 09

Sorteo número 10: Realizado ante notario 21/07/2016

Feiraco Vacaciones ganador 10

Bases legales de la promoción

Feiraco premia As Letras Galegas

  • A Cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas
  • Os gañadores da edición 2016 foron Gael Pérez, Sergio Aller, Rosa Pérez e Andrea Fernández
  • No acto de entrega participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o presidente de Feiraco, José Montes, e o director xeral da cooperativa, José Luis Antuña

Ponte Maceira, 27 de xuño de 2016.- Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega, fixo entrega hoxe dos galardóns aos gañadores do seu xa tradicional certame literario, que se celebra cada ano con motivo do Día das Letras Galegas. No acto participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o presidente de Feiraco, José Montes, e o director xeral da cooperativa, José Luis Antuña.

Os galardoados desta edición 2016 foron Gael Pérez, por ‘Coma por coma’; Sergio Aller, por ‘Maldita palabra’; Rosa Pérez, por ‘Incompetencia amatoria’; e Andrea Fernández, por ‘Vellez namorada’. Todas elas son composicións literarias curtas, de ata 500 caracteres, que comezaban polo verso de Manuel María “Levamos toda a nosa vida amando a palabra…”, como modo de homenaxe á figura á que este ano se dedicou o 17 de Maio.

O certame está cada ano máis consolidado, acadando na presente edición a cifra máis alta de participantes. Os premios constaban de diferentes seleccións de libros, entre os que se incluía a Enciclopedia Galega Universal e unha escolma de obras literarias en galego, así como lotes de productos Feiraco.

P1120562

Broche final á conmemoración do Día das Letras Galegas

Con esta entrega de premios, a cooperativa pon o broche final á conmemoración que cada ano leva a cabo do Día das Letras Galegas. Unha iniciativa que reflicte o compromiso de Feiraco co idioma propio, deixando constancia da plena identificación da marca con Galicia e cos seus valores.

Desde hai máis de 45 anos, Feiraco ten dado reiteradas mostras do seu compromiso con Galicia, tanto nos seus valores e métodos de traballo, tendentes a vertebrar o tecido social e o desenvolvemento económico, como nas actividades con proxección social que ten posto en marcha ao longo da súa historia.

Exemplos da súa aposta pola identidade patrimonial, cultural e tradicional de Galicia son a campaña que leva a cabo no Entroido, e que conta cada ano cunha boa acollida entre os consumidores, ou a serie ‘De onde vén o leite?’ pola que lles achega a realidade dos procesos produtivos a pé de campo a milleiros de escolares de toda Galicia.

P1120550 v2

P1120549 v2

Vive a aventura do Entroido con Feiraco!

Un ano máis, sumámonos a unha das festas máis importantes de Galicia personalizando os nosos envases de leite Feiraco. Nesta ocasión, inspirámonos en tres personaxes míticos que non faltan en ningún entroido: pirata, sheriff e superhéroe. Os nosos cartóns de leite enteiro, leite semidesnatado e leite desnatado toman os elementos típicos destes disfraces e vístense a toda cor para invitar aos galegos a gozar da celebración. Ademais da distribución desta edición especial dos briks, a campaña complétase con publicidade exterior e online, accións específicas nos puntos de venda e un concurso de receitas no noso perfil de facebook.
MUPI DESNATADA

Feliz día das Letras Galegas 2014

Un ano máis, sumámonos á celebración do Día das Letras Galegas, unha data que en Feiraco sentimos moi próxima aos nosos valores corporativos de compromiso e vinculación con Galicia. Por iso, poñemos en marcha unha campaña específica que inclúe orixinais para prensa e publicidade dixital, protagonizados por esta vaca tan literata que creamos para a ocasión. Con esta acción, queremos felicitarlles o 17 de maio a todos os galegos e galegas e contribuír a poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura. No marco da campaña organizamos tamén o noso III Concurso de Relatos Breves en facebook, en homenaxe a Xosé María Díaz Castro.

Goza do San Xoán con Feiraco!

O San Xoán, co seu inconfundible aroma a sardiñas e cachelos, é unha das festas con maior arraigamento e tradición en Galicia. Este ano, en Feiraco quixemos sumarnos á celebración cunha campaña que inclúe orixinais para prensa, camisetas e un concurso específico no noso perfil de facebook. Xunto co resto de simboloxía asociada a esta data, o costume máis estendido é celebrar a noite do 23 de xuño ao redor dunha cacharela. Así é como quixemos plasmalo na gráfica da campaña, para a que nos inspiramos en todo un referente da cultura galega: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o seu debuxo A roda de San Xoán, incluído no álbum Nós (1920).

Feiraco-San-Xoan-2014_camiseta