A Fundación Feiraco co empoderamento en feminino

Obradoiro para o empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa é o título do ciclo de sesións que acolle a Rede Eusumo na Fundación Feiraco este verán. Os técnicos especialistas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) son os encargados de impartir as 7 sesións das que consta o programa.

O obradoiro está destinado a mulleres socias de cooperativas co obxectivo de que adquiran independencia e capacidade de decisión nos seus entornos profesionais, no eido das estruturas operativas das cooperativas. Só en Feiraco, as mulleres supoñen o 50% dos socios da cooperativa de gandeiros e contamos co grupo Mulleres de Seu, integrado polas socias da nosa Cooperativa, para promover o desenvolvemento das mulleres e dignificar o seu papel no eido rural.

Reivindicación do rol da muller

Tradicionalmente en Galicia a muller tivo un papel protagonista nas tarefas agrogandeiras que non se ve reflectido nos organismos de toma de decisións. As sesións do Obradoiro para o empoderamento da muller abordarán, entre outros asuntos, cuestións tan importantes e decisivas como:
[dt_list style=”1″ bullet_position=”middle” dividers=”true”][dt_list_item image=””]Os obstáculos que se atopan no seu camiño de acceso aos órganos de decisión.[/dt_list_item][dt_list_item image=””]As estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero.[/dt_list_item][dt_list_item image=””]Os retos do mundo cooperativo.[/dt_list_item][dt_list_item image=””]Habilidades directivas.[/dt_list_item][dt_list_item image=””]Lexislación vixente.[/dt_list_item][dt_list_item image=””]Aspectos regulatorios que afectan as cooperativas.[/dt_list_item][/dt_list]

Consulta o programa completo do obradoiro en PDF

Portada programa EMPODERAMIENTO DE LA MUJER

Cando se imparte o obradoiro

O obradoiro para o empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa desenvólvese en 7 sesións, dous xoves de cada mes, entre xuño e setembro de 2016, na sede da Fundación Feiraco, da man da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.

Mulleres de Seu_taller Empoderamiento femenino

Que é a Rede Eusumo?

Rede Eusumo é unha rede de colaboración para impulsar o espíritu emprendedor, prestando apoio directo a creación e consolidación do emprego con base na economía social, ademais de para fomentar o modelo empresarial no eido local, mediante accións formativas, divulgación e asesoramento para o autoemprego cooperativo.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco ficha a Iago Aspas e David Mella para levar o gran derbi galego ao corazón do rural

19 Xuño, 2025

Ler máis

Celebramos o San Xoán homenaxeando á terra, á tradición e ao feito a man

12 Xuño, 2025

Ler máis

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis