2016

Las granjas Únicla de Feiraco obtienen el certificado de conformidad Bienestar Animal, siendo las primeras de Galicia en obtener este reconocimiento, basado en el referencial europeo Welfare Quality®.

Cociña con Feiraco dous pratos salgados

  Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado…

Feiraco forma parte da nova cooperativa de segundo grao

As cooperativas Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto crean unha nova cooperativa de segundo grao, nun proxecto aberto a outras cooperativas agrogandeiras As asembleas xerais do tres cooperativas, con multitudinaria presenza de socios, aprobaron a súa integración, que é efectiva desde hoxe Feiraco, co 97,6% dos votos; Melisanto co 96,03%; Os Irmandiños co 97%; apoian con amplísima maioría o proxecto…

Catro cooperativas gandeiras galegas proxectan a súa integración nunha cooperativa de segundo grao

    As cooperativas Feiraco, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas promoven unha nova cooperativa de segundo grao nun proxecto aberto a outras cooperativas agrogandeiras O principal obxectivo é crear un grupo cooperativo de referencia no sector agro-gandeiro, que permita gañar tamaño e eficiencia a curto prazo, e así converterse nun grupo líder na economía galega.…

Por que querer o leite a calquera idade?

O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, minerais e vitaminas. O calcio é imprescindible para o crecemento e desenvolvemento do esqueleto nos primeiros anos, para así gozar duns ósos saudables ao longo da nosa vida. Ademais axuda a diminuir a graxa corporal, a mellorar o perfil lipídico do sangre, a aumentar a masa muscular e a mellorar a saúde cardiovascular. Na actualidade están a investigarse novos beneficios en relación cos péptidos bioactivos, o seu posible efecto hipotensor e as súas propiedades antimicrobianas, entre outros.

Cociña con Feiraco solombo con Queixo Tetilla

Adoitamos empregar produtos como a nata e o leite para preparar pratos doces e sobremesas, pero, sabías que cos nosos produtos Feiraco podes preparar deliciosas salsas para pratos salados? A nata para cociñar Feiraco é o complemento ideal para acompañar pastas, carnes, verduras ou peixes. Só ten un 18% de materia graxa e non ten glute. O mesmo acontece co noso leite 100% galego, certificado con las máximas Garantías de Calidad.

Cociña con Feiraco unhas albóndigas con queixo Arzúa-Ulloa

Es quen de resistirte a unhas saborosas albóndegas? Se hai pequenos na casa, seguro que trunfas con este prato moi sinxelo de preparar. Con esta receita poderás acompañar  a carne picada da túa elección cun ingrediente único, saudable e ademais, ¡delicioso!
Co noso Queixo Arzúa–Ulloa Feiraco D.O. preparás unhas albóndegas ás que aportarás unha cremosidade inusual, aparte de ser aptas para celíacos porque non contén glute. Elaborado de forma artesanal con leite 100% galego, con este queixo daráslle un sabor único a un prato que seguramente volverás repetir 😉