Cociña con Feiraco unhas madalenas de nata

Os iogures e o leite son bos sustitutos da nata en múltiples receitas, mais a nata para bater Feiraco aporta un sabor e textura singulares aos vosos pratos coa que marcaredes a diferenza. De cando en vez, agradécense receitas como biscoitos, bicas, tortas e mesmo madalenas con nata, como as que vos presentamos hoxe.

Madalenas de nata

Ingredientes:
3 ovos
250 g de azucre
Reladura dun limón
75 g de aceite de oliva
125 g de nata para bater Feiraco
250 g fariña repostería
12 g fermento químico

Preparación:
– Mesturamos o azucre, a reladura de limón e os ovos durante 5 minutos.
– Engadimos o aceite e a nata Feiraco e batemos durante 1 minuto máis.
– Peneiramos a fariña e incorporamos o fermento químico. Engadimos á mestura anterior.
– Prendemos o forno a 250 graos por enriba e por baixo
– Vertemos a masa nos moldes das madalenas e reservamos no frigorífico 15 minutos para que suban mellor.
– Introducimos as madalenas no forno durante 15-20 minutos, dependendo do voso forno.
– Opcionalmente, podemos engadirlle azucre por riba antes de meter no forno para que forme unha costra doce.

Bo proveito 😉

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis