Promovemos a implantación de medidas sociais baseadas no respecto e o compromiso, que abarcan aspectos tan importantes como o apoio profesional e familiar, a igualdade, a estabilidade e calidade no traballo ou o respaldo a posibles vítimas de violencia de xénero. A conciliación laboral e familiar é tamén una das nosas principais preocupacións facilitando a flexibilidade horaria ás nais e pais, axudas para gardería, licenzas retribuídas ou permisos especiais para actividades sociais.
Apoiar ás familias, tanto dos nosos socios como dos nosos traballadores, promover a igualdade de oportunidades e facilitar a conciliación son algunhas das claves da nosa política de Persoas reflexada no noso Plan de Igualdade.
En Feiraco tamén somos ademais a primeira compañía alimentaria de Galicia adherida á Rede Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas, unha iniciativa que promove valores fundamentais relacionados co cumprimento dos dereitos humanos, ambientais e de loita contra a corrupción.