Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

  • A marca suma forzas co grupo Xacarandaina para promover unha academia de folclore baixo o lema ‘Galicia é campo de artistas’
  • De maneira paralela estará activo o XIII Certame de Microrrelatos, co que pretenden achegar a figura das cantareiras e da poesía tradicional oral ás novas xeracións
  • O director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, destacou que “detrás de cada litro de leite hai un traballo enorme dedicado á nosa terra. Por iso, cada ano apoiamos con moito ímpeto o Día das Letras Galegas. Este ano facémolo poñendo en valor que en Galicia hai talento por todas partes, porque si, Galicia é campo de artistas”

Feiraco lanza unha nova campaña para homenaxear o Día das Letras Galegas. Este ano desenvolverase baixo o lema ‘Galicia é campo de artistas’, apostando polo folclore tradicional como esencia da cultura galega.

A iniciativa inclúe a creación dunha academia de folclore en colaboración co grupo Xacarandaina, coñecido polo seu labor na difusión da música e do baile tradicional galego.

A través desta alianza, gravaranse catro clases de folclore básico que estarán dispoñibles no enderezo web de Feiraco e que pretenden lograr que todo o mundo sinta a música. Versarán sobre ‘Introdución á pandeireta’, ‘Pasos básicos da muiñeira’, ‘Ritmo folclórico’ e ‘Ton no folclore’.

A iniciativa foi presentada esta mañá no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, nun emotivo acto guiado por Esther Estévez, que amadriñará por terceiro ano consecutivo as Letras Galegas de Feiraco.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que “a campaña de Feiraco sempre se distingue por algo, por innovar e ir un paso máis aló. Este ano, xunto con Xacarandaina, preséntannos unha iniciativa que busca ensinar á xente a bailar, a cantar, a tocar a pandeireta… unha maneira magnífica de poñer en valor o legado que nos deixaron esas pandeiretas e que honra a un pobo que canta, que baila e que ten alegría”.

O director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, tras agradecer a todos os presentes a súa colaboración, destacou que “detrás de cada litro de leite, de cada iogur, hai un traballo enorme dedicado á nosa terra. Por iso, cada ano apoiamos con moito ímpeto o Día das Letras Galegas. Este ano facémolo poñendo en valor que en Galicia hai talento por todas partes, porque si, Galicia é campo de artistas” e, concluíu, “nós traballaremos todos e todas xuntas para poñelo en valor e que siga habendo, moitos anos máis, un campo de vida e un campo de futuro”.

A directora do IES Rosalía de Castro, Gemma Paredes, en alusión ao XIII Certame de Microrrelatos, destacou que “é fundamental poñer en marcha este tipo de iniciativas para achegarllas ás novas xeracións”.

Pola súa parte, a presidenta da asociación Xacarandaina, Patricia Miño, explicou o funcionamento da entidade, que leva traballando desde 1978 para educar e poñer en valor a música e a cultura galega: “estamos moi contentos de poder colaborar nesta iniciativa e sentimos unha gran alegría polo recoñecemento a esas mulleres. Nós seguiremos traballando para manter e transmitir o seu legado na sociedade”.

XIII Certame de Microrrelatos

De maneira paralela estará activo o XIII Certame de Microrrelatos, que este ano desafía ás persoas participantes a crear as súas historias sobre esta mesma temática, buscando achegar a figura das cantareiras e da poesía tradicional ás novas xeracións. As narracións deberán estar inspiradas en Galicia e ter de protagonista a unha cantareira ou pandeireteira.

O certame conta con dúas categorías: a xuvenil, dirixida ao estudantado; e a adulta, para maiores de 18 anos. Unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, xunto cun lote de produtos Feiraco, son os premios aos que optan.

Con esta campaña, Feiraco busca reafirmar o seu compromiso coa cultura galega, promovendo o amor pola lingua e as nosas tradicións, co obxectivo de acadar a transmisión xeracional que as manteña vivas por e para sempre

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

Este ano, en FEIRACO celebramos o Día das Letras Galegas cunha homenaxe moi especial á nosa identidade cultural baixo o lema “Galicia é campo de artistas”. Porque non hai mellor maneira de honrar a nosa lingua que exaltando o folclore tradicional, ese que nos conecta co pasado e nos fai únicos no presente.

En colaboración co recoñecido grupo Xacarandaina, lanzamos a noa propia academia de folclore online, dispoñible en vivefeiraco.es, onde poderás gozar de clases abertas para sentir e aprender os fundamentos do noso folclore:
🎶 Introdución á pandeireta
🕺 Pasos básicos da muiñeira
🎤 Canto e ton no folclore

XIII Certame de Microrrelatos FEIRACO

E para seguir fomentando a creatividade e a paixón pola lingua, tamén abrimos o XIII Certame de Microrrelatos que nesta edición convida a contar historias protagonizadas por cantareiras e pandeireteiras, achegando a poesía oral tradicional ás novas xeracións. Hai dúas categorías —xuvenil e adulta— e os premios inclúen unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, ademais dun lote de produtos FEIRACO.

Así que xa sabes… A darlle á imaxinación e ao boli que o prazo para participar xa está aberto!

Con esta campaña, reafirmamos o noso compromiso coa cultura galega, co orgullo de sementeira e coa ilusión de seguir facendo das Letras Galegas 2025 un verdadeiro campo de artistas 😉

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

É ben sabido que en Galicia, a choiva non da descanso nin en primavera. Por iso, nos marcamos o obxectivo de repartir paraugas FEIRACO por toda Galicia, que aquí, sempre fan falta 😉

Así que, agora, só por mercar leite FEIRACO enviarémosche un dos paraugas máis desexados do momento.

Como podo conseguir o meu paraugas FEIRACO?

Para que poidamos enviarche o teu paraugas FEIRACO só tes que:

  1. Mercar mínimo 2 caixas de leite FEIRACO (de calquera das nosas referencias).
  2. Facer unha foto das caixas xunto co tícket de compra.
  3. Cubrir o formulario e subir a foto do tícket, podes atopar o formulario no seguinte ligazón 👉🏼 AQUÍ

E con isto, xa estaría!

Unha vez comprobemos que cumpres todos os requisitos para ter o teu paraugas FEIRACO, enviarémoscho ao enderezo facilitado.

Iso si… BULE XA A POR LEITE! Pois as unidades son limitadas. Só os 1.000 primeiros en participar levarán o paraugas.

Bases legais aquí

 

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

Son moitos os ingredientes que fan do Entroido galego unha celebración única, por iso, este ano, celebrámolo destacando OS INGREDIENTES PARA O NOSO ENTROIDO!🎭

E non só falamos dos ingredientes para as tradicionais receitas de Entroido, senon tamén…Dos ingredientes que forman a cultura do Entroido galego:

  • Catro provincias de tradicións
  • Charangas ao gusto
  • Moita retranca
  • Dúas cuncas de bo humor
  • Media ducia de xuntanzas…

 

E como sabemos que o Entroido tamén é época de receitas e cociña tradicional, non che pode faltar,  para cociñar con estilo, A BATA DO NOSO ENTROIDO  que sorteamos pola compra de leite FEIRACO.

💚 Como participar no sorteo das BATAS DO NOSO ENTROIDO?

  1. Merca dúas caixas de leite FEIRACO (de calquera referencia)
  2. Fai unha foto do tícket de compra xunto coas dúas caixas de leite
  3. Sube o tícket de compra e completa o formulario que atoparás na nosa web: entroidofeiraco.com
  4. E listo! Xa estás a participar

📖 E a maiores… REGALÁMOSCHE O RECEITARIO DO NOSO ENTROIDO!

Ademais, queremos axudarche a preparar os pratos máis típicos destas datas. Descarga de balde o noso receitario especial de Entroido en entroidofeiraco.com e pon en práctica as mellores receitas!

Non deixes pasar esta oportunidade de festexar o Entroido co sabor máis auténtico! 🎭🥞

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

  • FEIRACO presenta a súa nova imaxe cun deseño actual, reflexo dos valores da maior cooperativa láctea de Galicia: cooperativismo, rural e naturalidade.
  • Unha actualización que será visible nos envases da marca, agora, protagonizados polos gandeiros e gandeiras da cooperativa CLUN

FEIRACO estrea nova imaxe na que o campo galego e as persoas que o fan posible, son os grandes protagonistas. Nesta renovación, os gandeiros e gandeiras da cooperativa CLUN, a maior cooperativa láctea de Galicia, son o foco central, poñendo así en valor o seu traballo e compromiso coa produción dun leite 100% galego, de cooperativa e de calidade.

Fiel á súa esencia cooperativista, FEIRACO reforza con este cambio a súa identidade e aposta pola transparencia e a proximidade cos consumidores. Os novos envases destacan historias reais dos gandeiros e gandeiras da cooperativa CLUN, amosando a cara detrás dos seus produtos e do sector lácteo. Subliñando así a importancia de apoiar ao campo galego.

Un deseño que mira cara ao futuro, sen perder a esencia

“Con este novo deseño, modernizamos a nosa imaxe mantendo a esencia de FEIRACO, á que tantos galegos e galegas lle teñen cariño. Tíñamos claro que algún elemento icónico debía permanecer: a nosa vaca, elemento que acompaña á marca dende a súa orixe, segue presente, pero agora mira cara adiante, simbolizando o futuro”, destacan desde a cooperativa.

Cada novo envase de leite incluirá no seu lateral a fotografía de varios dos máis de 3.000 gandeiros e gandeiras da cooperativa CLUN, con presenza en máis de 80 concellos de toda Galicia, xunto cun pequeno texto sobre a súa historia e a súa vinculación co campo e a gandería. Ademais, incorporarase un código QR para acceder a máis información sobre cada gandeiro, achegando aos consumidores á realidade do sector lácteo galego.

Esta nova imaxe reforza o compromiso da marca coa orixe galega do leite e co apoio ao sector gandeiro, complementándose con outras frases que aparecerán nos envases, como:

  • “Mercando este leite, apoias directamente ao campo galego”.
  • “100% leite galego de cooperativa rural”.
  • “Coidamos cada paso, o mellor da nosa terra”.
  • “Propiedade de gandeiras e gandeiros”.

Con esta renovación, FEIRACO reafirma a súa aposta polo cooperativismo e polo leite galego de calidade, achegando aos consumidores unha marca que non só alimenta, senón que conta historias reais do campo e da gandería.

Porque, se algo diferenza á marca láctea é a súa histórica orixe cooperativa, que está agora máis presente, presumindo de quen fai posible que Galicia sexa terra de leite de calidade: gandeiros profesionais, dedicados e responsables co campo.

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

  • Os representantes dos traballadores e a dirección de Feiraco Lácteos SL firmaron, na tarde do pasado xoves, 5 de decembro, o convenio colectivo co respaldo unánime dos sindicatos CIG (Confederación Sindical Galega) e UGT (Unión Xeral de Traballadores)
  • Este firma reflexa o bo entendemento e a colaboración entre a empresa e os traballadores, principios fundamentais no marco cooperativo de Feiraco Lácteos.
  • Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, destaca que o novo convenio “fortalece a cohesión e o benestar no noso proxecto colectivo de poñer en valor o rural galego”

A dirección de Feiraco Lácteos e os representantes renovaron o convenio colectivo da empresa por un período de tres anos, o que asegura a súa vixencia ata decembro do 2026. O acordo, que beneficia a unha centena de traballadores foi firmado de xeito unánime polos sindicatos con representación na empresa: a CIG (Confederación Sindical Galega) e a UGT (Unión Xeral de Traballadores).

Este convenio é un reflexo dos principios cooperativos de Feiraco Lácteos, onde a colaboración, o compromiso mutuo e a cohesión son esenciais para o bo funcionamento desta empresa, que forma parte da Cooperativa CLUN. O acordo subraia o compromiso coa igualdade, a conciliación, a seguridade e a flexibilidade, proporcionando un marco de estabilidade que recoñece o esforzo colectivo e o traballo en equipo. O acordo acadouse grazas á confianza mutua, co compromiso de adaptarse ás tendencias laborais actuais e coa visión de seguir crecendo xuntos como parte da cooperativa CLUN.

Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, señalou “este convenio reflexa o espírito cooperativo que caracteriza a Feiraco Lácteos e a toda a cooperativa CLUN, onde a colaboración e o esforzo conxunto entre todos os que a forman son esenciais para o desenvolvemento e a profesionalización iniciada en 2021”. Así mesmo “é un paso máis no noso compromiso coa innovación, a dixitalización e a mellora da produtividade, sempre co enfoque de fortalecer a cohesión e o benestar de todos os que formamos parte deste proxecto colectivo que busca poñer en valor o rural galego”.

Este Nadal, consegue os vasos FEIRACO para os Reis Magos 🥛🎄

Celebrar o Nadal cos galegos e galegas xa é tradición en FEIRACO, e este ano non ía ser menos! Este Nadal, dende FEIRACO queremos poñer en valor as nosas tradicións de sempre, tradicións tan típicas como as de deixar os vasiños de leite 🥛🎄 as súas maxestades: 👑Melchor, 👑Gaspar e 👑Baltasar na noite de Reis.

E para que non haxa confusións nin discusións, agasallamos un lote de tres vasos personalizados, un para cada Rei Mago, que poderá conseguirse mercando unha caixa de leite de calquera referencia FEIRACO.

Son 200 os lotes de vasos para os Reis Magos que dende FEIRACO regalamos, e para poder gañar un só tes que seguir estes pasos:

  1. Mercar unha caixa de leite FEIRACO 🛒🥛(6 litros de leite de calquera das nosas referencias)
  2. Facer unha foto da caixa de leite xunto co tícket de compra 🤳
  3. Completar o formulario que poderás atopar na nosa web, nas nosas redes sociais e nos QRs dos envases de Nadal 📲
  4. E listo! 😉

E por se isto fora pouco, dende FEIRACO tamén convidamos a todos os galegos e galegas a visitar o Belén máis rural en Santiago de Compostela.

Un belén tradicional con figuras artesáns que reflexan a vida no rural.

Podes visitalo:

  • Ata o 📅8 de xaneiro, todos os días da semana de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 21.00h.
  • No 📍Salón Noble do Pazo de Raxoi (Santiago de Compostela)

Máis información: AQUÍ 

Feiraco regresa ás camisetas do RC Deportivo 24 anos despois

  • A imaxe da marca de leite cooperativo estará presente no lombo da camiseta branquiazul
  • O novo porteiro, H. Leite, protagoniza o vídeo da presentación do patrocinio de FEIRACO.

 

A marca de leite FEIRACO volve ás camisetas da vestimenta do club deportivista da Coruña. Vinte e catro anos despois de protagonizar a camiseta blanquiazul do Real Club Deportivo de A Coruña durante oito temporadas inesquecibles para os coruñeses, FEIRACO regresa á equipación deportivista para esta temporada 2024-2025.

No partido da xornada 3 de LALIGA HYPERMOTION que se celebra o domingo 1 de setembro, o RC Deportivo xoga en Riazor contra o Racing Ferrol, os de Riazor estrearán as camisetas con logo de FEIRACO, desta volta non no frente da camiseta, senon na parte traseira, xusto enriba do nome dos xogadores.

Máis dun LEITE no RC Deportivo

A comunicación deste patrocinio realizouse nun simpático vídeo moi compartido en redes sociais e coa complicidade dunha das últimas fichaxes do RC Deportivo: o porteiro brasileiro Helton Leite. Na peza audiovisual o porteiro aparece coa camiseta na que se le o seu apelido “LEITE”. Mentres todos os espectadores pensan que se está a falar de Helton, o vídeo desvela que no RC Deportivo, agora, hai máis dun leite, desvelando finalmente o logotipo FEIRACO enriba do apelido do xogador. 

Un regreso moi esperado

A afición deportivista ten demostrada a súa devoción polo combo FEIRACO-RC Deportivo en moitas ocasións. Unha das últimas foi coa edición limitada da camiseta do Dépor verde co logotipo FEIRACO que provocou longas filas na Deportienda e se esgotaron en cuestión de días. 

As mostras de apoio ó regreso desta marca á vestimenta do equipo coruñés faise notar con cada oportunidade nas redes sociais, onde se recollen miles de publicacións (algunhas moi enxeñosas) e peticións para que FEIRACO regrese como patrocinador. Unha comunidade que seguro celebrará que a marca de leite de cooperativa regrese ás camisetas como un dos patrocinadores premiums.

Sobre Feiraco e o RC Deportivo

FEIRACO cónvertese en patrocinador principal do RC DEPORTIVO na temporada 1992-1993, protagonizando dende aquela a camiseta blanquiazul durante oito temporadas consecutivas. 

Neste período 1992-2000 de convivencia FEIRACO e RC DEPORTIVO o club coruñés pasou a ser coñecido como: o Superdepor. Logrando figuras do fútbol que pasaron a historia como Bebeto, Mauro Silva ou Djaminha e con entrenadores tan queridos como Arsenio Iglesias, ou como Javier Irueta. Alcanzaronse tamén importantes títulos como a Copa do Rei (1995) ou campións de liga (99-00).

Receita xeado de nata Feiraco

Que hai mellor que un xeado ben fresquiño no verán? Este xeado de nata Feiraco é moi sinxelo de facer, e está boísimo! Segue a nosa receita e anímate a preparalo na túa casa:

Ingredientes:

  • 500ml de nata Feiraco
  • 30 gr de azucre
  • Froita para decorar

Preparación:

  1. Introduce a nata Feiraco nun recipiente xunto co azucre.
  2. Bate a nata de forma constante para comezar a montala.
  3. Segue batendo ata que a nata estea completamente montada (ollo! Ten coidado de non bater de máis ou crearás manteiga ?)
  4. Leva a mestura ao conxelador durante 1 hora.
  5. Retira o xeado do conxelador e remove durante 5 minutos para logo, volver a introducilo no conxelador.
  6. Agarda un mínimo de 5 horas.
  7. Sirve o xeado e engade os toppings que máis che gusten: froita, galletas, noces… O que ti queiras!

Sorteo Club Feiraco

Se queres ter os accesorios Feiraco perfectos para a preparación desta receita, únete ao Club Feiraco e participa no sorteo d un pano e un bol Feiraco.

Cada mes, temos novos sorteos e agasallos, faite membro do Club Feiraco, aquí!

FEIRACO entrega os premios do XII Certame de Microrrelatos, que convoca para promover o uso da lingua galega

Feiraco, entregou esta mañá os premios aos gañadores do XII Certame de Microrrelatos, un concurso cada ano máis consolidado de Feiraco e que se celebra con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas para promover o coñecemento, o uso e a divulgación do idioma galego. Un certame consolidado que nesta edición sumou un cento de participantes de toda Galicia, así como a participación do alumnado de oito centros educativos. Como explicou Jessica Rey foron “relatos de moi distinta natureza e temática” que en gran medida representaban a realidade cotiá social na que vivimos, dende violencia de xénero, amizade, asasinatos e desaparicións, enfermidades como alzheimer, morriña… Unha importante parte dos galardóns foron para a provincia de Ourense, os tres da categoría xuvenil e o segundo premio da de adultos; mentres que os dous restantes de adulto recaeron na provincia de A Coruña.

Neste acto participaron o director de desenvolvemento de negocio de CLUN, Roberto Casas; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o fundador da Librería Follas Novas, Rafael García; e a directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey. Nel entregáronse os galardóns deste XII Certame de Microrrelatos, no que participaron alumnos e alumnas de Secundaria de oito centros educativos de Galicia na categoría xuvenil e case un cento de persoas na que categoría de maiores de 18 anos.

Jessica Rey puxo en valor a creatividade e a calidade dos relatos gañadores e destacou a gran participación que recibiu esta edición do certame. Pola súa banda, Valentín García destacou “a boa saúde e aceptación do Certame de Microrrelatos grazas o seu elevado índice de participación” –ademais engade- “esta promoción da lingua galega faise dende una marca de prestixio como é Feiraco

Premiados

As persoas galardoadas nesta edición de 2024 na categoría de adultos foron:

José Alvite Lema (de Negreira, A Coruña) acadou o primeiro premio con Púxenme a escoitar no silencio da noite”. Un relato nun momento de insomnio dun escritor co soño de ser lido e no que lembra tempos pasados.

O segundo foi para Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, Ourense) con “A liña do fronte”, unha emotiva narración sobre o alzheimer dun coronel do exército.

A terceira posición recaeu en Manuel Felípez Collazo (A Coruña) e o seu “Loliño” no que amosa a morriña da súa infancia na aldea.

A categoría xuvenil recaeu completamente en centros ourensáns.

Así “Unha noite no parque” de Miguel Salgado Abraldes, do CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea, Ourense) converteuse no ganador desta edición cun relato sobre desaparicións e asasinatos de tres rapaces nun parque.

Seguido de  Analía Baloira Núñez con “Os campos de Galicia” toda unha declaración de amor a terra e o rural galego.

Finalmente,  Noa Rodríguez Pájaro con “Xustiza pola mán” que trata sobre a violencia de xénero e a amizade. Ambos os dous do IES Xermán Ancochea Quevedo (Trives, Ourense).

Todos eles presentaron creacións literarias breves, de menos de 500 palabras, escritas en galego e comezando coa frase “Púxenme a escoitar…” , verso dun dos poemarios de Luisa Villalta, como homenaxe á escritora, a quen este ano se lle dedicou o 17 de maio. Os relatos poden consultarse na web www.feiraco.es

Os seis premiados recibiron un lote de produtos FEIRACO. A maiores, o primeiro premio de cada categoría recibiu un ano de libros en galego e un agasallo especial: unha vaca suxeita-libros feita por un artesán galego en madeira de bidueiro; o segundo premio levou un ano de libros en galego; e o terceiro premio recolleu unha selección de libros de Luisa Villalta.

O xurado do XII Certame de Microrrelatos conformado por FEIRACO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, seleccionou os tres relatos premiados de cada categoría de acordo con tres criterios: orixinalidade e creatividade da historia, redacción coidada e uso correcto da lingua galega. Unha decisión que nesta edición foi especialmente difícil, debido á calidade dos relatos presentados, polo que todos os presentes no acto de entrega dos galardóns coincidiron á hora de felicitar ao xurado pola súa labor.

Coa entrega destes premios, CLUN pon o broche de ouro aos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas. Unha iniciativa que este ano incluíu unha campaña para promover a Leiteratura entre a cidadanía galega, como forma de reivindicar o a literatura en galego e o consumo de leite, como dous dos produtos máis excelentes que se producen na nosa terra.

Deste xeito, a cooperativa volve deixar constancia da total identificación da compañía e das súas marcas con Galicia, coa cultura galega e co rural galego. Un compromiso coa identidade patrimonial, cultural e tradicional da nosa terra que tamén se recolle noutras campañas estacionais como a celebrada recentemente co gallo do Entroido.

Feiraco é unha empresa láctea integrada en CLUN, cooperativa rural galega, e a maior cooperativa leiteira de Galicia, que conta con máis de 3.000 socios,  cunha facturación de preto de 267 millóns de euros en vendas no 2023, sendo este o mellor balance da súa historia, e con presenza en 65 países.