Gústache escribir? Amósanos o teu talento literario, concentrado nun relato breve de tan só 500 caracteres con espazos, e axúdanos a demostrar que as nosas letras están máis vivas que nunca!
Unidos polas nosas letras
Por sexto ano consecutivo queremos sumarnos á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura. E facémolo coa convocatoria dunha nova edición do noso xa tradicional Certame de Microrrelatos Feiraco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O 17 de maio non é una data calquera para nós: a lingua e a cultura galegas son parte do noso xeito de ser. Con este certame non só queremos renderlle homenaxe ao autor escollido este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares, senón tamén contribuír a seguir impulsando e potenciando o noso idioma. En Feiraco, agora como parte de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) temos un firme compromiso con Galicia dende hai case 50 anos, que abrangue o noso método de traballo e os nosos valores.
Anímaste a participar? Sigue estes pasos!
“E alí estaba, sentado nun sillón azul”. Como sigue esta historia?
Este é o punto de inicio a partir do cal tedes que escribir un relato en galego de ata 500 caracteres con espazos. A frase non é casualidade: é o noso particular tributo a Carlos Casares, tomando como inspiración o título dun dos seus libros máis coñecidos: “Deus sentado nun sillón azul”. Despois, só cómpre que o compartades con nós a través da aplicación do concurso dispoñible na nosa web.
Establecemos por primeira vez dúas modalidades de participación. Así, ademais da categoría de adultos (19 anos en adiante), inauguramos una categoría xuvenil (13 a 18 anos) para dinamizar a lingua e a creación literaria entre a mocidade.
Os primeiros premios de cada categoría recibirán cadanseu exemplar da Enciclopedia Galega Universal e os catro restantes, un lote de libros de literatura galega cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ademáis de produtos Feiraco.
Podedes participar ata o 17 de maio! Un xurado conformado por escritores, membros de Feiraco e da Secretaría Xeral de Política Lingüística escollerán os tres relatos gañadores de cada categoría, que se anunciarán o 5 de xuño.
Agardamos polos vosos relatos. Moita sorte!
Gañadores Relatos Breves 2017
Noraboa aos gañadores do VI Certame de Microrrelatos Feiraco! Cada ano poñédesnolo máis difícil! Grazas a todos por participar!
CATEGORÍA ADULTOS
1º Premio. Vili Rei. 9,1 puntos
2º Premio. Alba Sánchez Ares. 9 puntos
3º Premio. Ariadna Fernández González. 8,9 puntos
CATEGORÍA XUVENIL
1º Premio. Candela Millán López. 9 puntos
2º Premio. Ana Rosa Cantalejo Marín. 8,5 puntos
3º Premio. Alba Suárez Fraga. 8,5 puntos