LEITE SOLIDARIO PARA REFORESTAR OS MONTES NO FOLGOSO DO COUREL

Sempre comprometidos co noso verde e coa nosa cultura

Creamos unha edición especial do noso leite semidesnatado co obxectivo de axudar a recuperar os bosques que arderon este verán en Folgoso de Courel. Como protagonista desta iniciativa rescatamos a imaxe do Apalpador, persoaxe tradicional do Nadal Galego.

Con esta edición especial doamos 1 céntimo por cada litro. O diñeiro será  destinado ó plan de recuperación dos montes do Courel para recuperar os montes arrasados polo lume deste verán na zona.

Quen é o Apalpador?

É un xigante carboeiro que vive nas montañas do Courel.

Debido á súa profesión anda sempre con roupa vella e remendada e é fácil de recoñecer pola súa longa barba roxa.

A orixe desta figura lexendaria galega remóntanse aos tempos onde un puñado de castañas era un agasallo máis preciado do que é nos nosos días. Antes de que chegasen as patacas á nosa terra empregábanse as castañas como sustento principal. “Era o mantemento dos pobres cando lles faltaba o pan”.

Cada Nadal baixa da montaña e mentres os nenos e nenas dormen apálpalles as barriguiñas. Ao ver que están ben mantidos, dilles as palabras máxicas:

Por seres obediente e estares ben alimentado,

con estas castañas e este agasallo

desexote fartura e bon ano.

Así esteas todo o ano!

Antes de marchar deixa un agasallo ós pequenos da casa: unha bolsa chea de castañas e pode que algún xoguete!

Leite Solidario para reforestar os montes do Courel

Once mil hectáreas foron arrasadas polo lume este verán nas montañas do Courel. Foi un dos incendios máis grandes da historia de Galicia que arrasou durante catorce días os municipios de A Pobra do Brollón, Quiroga e Folgoso do Courel.

Para recuperar os montes arrasados polo lume creamos esta edición especial coa que doamos 1 céntimo por cada litro.

Este diñeiro será destinado ó plan de recuperación dos montes do Courel para que as montañas do Apalpador volvan a ser verdes e frondosas coma sempre!

 

 

Trigo, Eliseo (18 de Xullo do 2022). El viento recrudece los incendios en Galicia: la Xunta pide reactivar el nivel 2 en Carballeda de Valdeorras y Folgoso do Courel. El Mundo.es

 

 

 

Herrero, E. (26 de Julio de 2022). Galicia Noticias Mediodía. Televisión de Galicia (TVG)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lorenzo, Brais. (21 de Xulio do 2022). Los incendios de O Courel y Valdeorras ya son los que más hectáreas han quemado en Galicia desde que existen registros. El Diario.es

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

#LeiteSolidario #LeiteSolidarioFeiraco #LeiteGalego