Proxectos europeos
Proxecto Teratrofo (2019 - 2023)
Xeración de novos ingredientes e alimentos beneficiosos dirixidos a condicións de risco e ó benestar global de persoas con cancro colorrectal.
Convocatoria: CIEN-CDTI (MINECO)
Proxecto FEADER: Melloras Tecnolóxicas en Industria Láctea
Proxecto Lactolife
A Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), apoia a realización de:
Ano 2015 – 2017
- Proxecto “LACTOLIFE”: Desenvolvemento tecnolóxico de produtos lácteos destinados ao mercado exterior mediante a mellora da súa vida útil. ITC-20151108.
O proxecto LACTOLIFE ten como obxectivo aumentar a vida útil dun amplo rango de produtos lácteos con el fin de iniciar o aumentar la internacionalización de las ventas, en una región con un excedente en leche, y en respuesta a una creciente demanda de este tipo de productos en mercados emerxentes lonxanos e mellorar a posición nos mercados próximos.
Este proxecto está realizado por un consorcio de tres empresas: FEIRACO LÁCTEOS, AGRUPACIÓN DE COOP. LÁCTEAS e QUESCREM (INNOLACT), e ten unha duración de dous anos e medio, iniciándose en xullo de 2015 e finalizando en decembro de 2017.
Este proxecto foi subvencionado por CDTI con fondos FEDER da Unión Europea.
Feiraco Lácteos colabora para a realización deste proxecto con: Innolact, Hiperbaric, Senso, Aula de productos lácteos y tecnologías alimentarias, CNTA e Universidad de Alicante.
Proxecto Susmilk
O obxectivo desta iniciativa europea é promover a creación dunha industria láctea máis sostible. Para iso, o programa busca implementar unha serie de cambios nos procesos de elaboración e comercialización do leite e os produtos lácteos. A principal finalidade é reducir ao mínimo o consumo de auga e enerxía, aproveitando as enerxías renovables.
Este proxecto recibiu financiación do Sétimo Programa Marco da Unión Europea para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración.
Proxectos autonómicos
Programa Sinerxia da Internacionalización 2019 – 2020
Programa Sinerxia da Internacionalización 2021-2022
Proxecto Cattlecare
O proxecto CATTLECARE, é impulsado por CLUN a partir dun consorcio integrado polas empresas tecnolóxicas Conexiona Telecom, Ictel Ingenieros e Gradiant como entidade que dará soporte ao plan de traballo. CATTLECARE márcase como obxectivo a modernización das explotacións gandeiras galegas mediante o desenvolvemento de diversas ferramentas que permitan mellorar a súa xestión a distintos niveis.
Máis información: https://feiraco.es/gl/innovacion-gl/proxecto-cattlecare-xestion-tic-das-granxas-galegas-clun/
Proxecto financiado pola Axencia Galega de Innovación.
Axuda concedida: 51.338,07€