Nesta nova edición, en homenaxe a Begoña Caamaño, tócache darlles voz ás mulleres!
Por iso, os relatos deben ter como personaxe protagonista unha ou varias mulleres e a historia debe acontecer en Galicia, como non!
4 libros, un cadro con lámina ilustrada, un lote de produtos FEIRACO, un marcapáxinas e unha bolsa de FEIRACO.
2 libros, un lote de produtos FEIRACO, un marcapáxinas e unha bolsa de FEIRACO.
1 libro, un lote de produtos FEIRACO, un marcapáxinas e unha bolsa de FEIRACO.
para alumnos e alumnas dos centros educativos de ESO e bacharelato de Galicia.
para todas aquelas persoas de 18 anos en diante que queiran participar.
Con Rosa Martínez no programa ¡¡Trécolas!! da Radio Galega (Vigo, comezos da década de 1990)
Foi unha periodista e escritora galega que este ano se converte na protagonista do Día das Letras Galegas.
Begoña tiña un marcado carácter feminista que define tamén a súa literatura.
Nas súas obras reescribe grandes clásicos dende unha ollada feminina.
Dálles voz a Penélope e Circe, relatando o que nunca se contou delas, en “Circe ou o pracer azul”.
En “Morgana en Esmelle”, reescribe este mito artúrico desde unha perspectiva máis contemporánea.
Cuberta de Morgana en Esmelle (2012), segunda novela da autora.
Cuberta de Morgana en Esmelle (2012), segunda novela da autora.
Begoña Caamaño le un manifesto na primeira manifestación contra a guerra do Golfo
Begoña non só nos deixa un legado literario, tamén nos deixa unha visión máis feminina. Un compromiso social para darlle voz as mulleres.