Unicla, o sabor do leite de toda a vida

“O leite de agora xa non sabe como o de antes”. De seguro que oístes esta frase a algún dos vosos maiores. A idea de crear un leite 100% natural co sabor tradicional de toda a vida foi unha das principais motivacións que nos impulsou en Feiraco a crear a gama Unicla. E se ademais fose tan saudable que achegase ácidos graxos esenciais para o noso organismo? Iso si, sen engadidos de ningún tipo.

Foi así como nos embarcamos nun proxecto de investigación en colaboración coa Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, a Aula de Produtos Lácteos de Lugo e o LHYCA da Facultade de Veterinaria. A idea? Conseguir que as nosas vacas producisen, de forma totalmente natural, un leite máis equilibrado, con menos graxas saturadas.

Primavera todo o ano

En Feiraco tiñamos claro que os factores que contribúen a mellorar a riqueza e o sabor do leite derivan directamente da calidade de vida das nosas vacas: a súa alimentación e a súa tranquilidade, vivindo nun ambiente coidado e sen estrés.

De feito, ao estudar a nutrición das vacas ao longo de todo o ano atopámonos que cos pastos verdes primaverais, o perfil dos ácidos graxos do leite é máis equilibrado, con menos porcentaxe de graxas saturadas.

O seguinte paso? Lograr alongar a primavera todo o ano. Conseguímolo ofrecendo ás nosas vacas suplementos nutricionais baseados en sementes de liño ou liñaza, unha importante fonte de ácidos graxos omega 3.

Ademais, para a producción do leite desnatado Unicla Antiox, introducimos na cadea alimentaria dos animais o selenio, un dos antioxidantes naturais que nos axuda a protexer as nosas células fronte ao dano oxidativo e a acción dos radicais libres.

Un leite 100% natural

As vacas que producen o leite Unicla viven nun ambiente privilexiado e reciben unha alimentación de calidade diferenciada. Deste xeito, conseguimos que dean un leite de alta calidade, con menor porcentaxe de graxas saturadas e un perfil de ácidos graxos máis saudable, con presenza de cla (ácido linoleico conxugado) e omega 3.

Os ácidos graxos omega 3 teñen importantes beneficios para a saúde, xa que contribúen a regular os niveis de colesterol e a protexer o noso corazón.

En función das vosas necesidades e preferencias, en Unicla podedes atopar leite desnatado (Unicla Antiox), semidesnatado e semidesnatado sen lactosa, especialmente desenvolvido para as persoas intolerantes á lactosa.

Xa probastes a gama Unicla? Que vos parece o seu sabor?

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis