FEIRACO LÁCTEOS. BASES DA PROMOCIÓN
«SORTEO ESTOXOS FEIRACO 2020»
1.- ORGANIZADOR E OBXECTO DA PROMOCIÓN:
FEIRACO LÁCTEOS SL, (en adiante FEIRACO), domiciliada en Ames (A Coruña), en Ponte Maceira-Agron s/n, e con número de identificación fiscal B-15996929, realizará unha promoción denominada “SORTEO ESTOXOS 2020 (en adiante, a promoción) que se desenvolverá en Galicia e na que se sortearán 20 unidades do estoxo escolar Feiraco.
2.- ÁMBITO TERRITORIAL E PERSOAL:
O ámbito territorial da promoción comprende Galicia.
Únicamente poderán participar na promoción as persoas físicas maiores de 18 anos e residentes legais en Galicia que cumpran o resto de requisitos establecidos nestas bases legais.
Non se permite a participación de empregados do GRUPO FEIRACO, así como de empresas colaboradoras no deseño, desenvolvemento e execución da presente Promoción, ou daquelas persoas que teñan relación de parentesco ata o segundo grado nin os cónxuxes e parellas dos anteriormente mencionados.
3.- DURACIÓN:
A presente promoción desenvolverase do venres 28 de agosto ao xoves 3 de setembro de 2020, ambos os dous inclusive, e resolverase por sorteo, mediante a aplicación online Easypromos segundo se explicita no epígrafe 7 «Entrega do premio» destas bases legais.
Por causa de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, FEIRACO poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada desta promoción.
4.- CARÁCTER GRATUÍTO DA PROMOCIÓN:
A PROMOCIÓN é gratuíta e non implica en si mesma un pagamento adicional ou incremento de precio dos produtos que se promocionan. Os custos das chamadas, mensaxes telefónicas, correo electrónico ou calquera outra comunicación que deban realizar as persoas participantes e que se detallan no apartado de mecánica da promoción serán da súa conta.
5.- PREMIO DA PROMOCIÓN:
Na presente promoción sortéanse 20 estoxos escolares Feiraco, valorados en 5 euros cada un. O estoxo conta cun cerre de cremallera e ten unhas medidas de 21 x 7 x 5 cm.
O gañador poderá renunciar ao premio obtido pero en ningún caso poderá canxealo por outros distintos nin polo seu valor en diñeiro. Asimesmo queda prohibida a comercialización e/ou venda do dereito a obtención do premio.
A renuncia non dará ningún dereito de indemnización ou compensación.
6.- FORMA DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN:
Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
1.- Poderase participar dende Facebook ou Instagram;
2.- Ser fan de Feiraco dende a rede social dende a que se participe.
3.- Deixar un comentario no post do sorteo contándonos que produto Feiraco non falta nas mochilas dos vosos peques para ir ó cole etiquetando a dous amigos
Consideraranse nulas, para os efectos da súa participación, aquelas inscricións que non cumpran estes requisitos. Poderase participar dende as dúas redes sociais, pero no caso de resultar gañador nas dúas, só se terá dereito a recibir 1 premio.
7.- ENTREGA DO PREMIO:
O 4 de setembro de 2020 celebrarase o sorteo entre todas as participacións válidas, que se realizará mediante a aplicación Easypromos, e que será inapelable. Unha vez concluído o sorteo, publicarase na páxina oficial de Facebook de Feiraco (facebook.com/feiracolacteos) e no Instagram (Instagram.com/feiracolacteos) un enlace que dirixe á aplicación do sorteo co nome dos 20 gañadores/as e 10 suplentes.
O gañador deberá aceptar o seu premio enviando a través da aplicación habilitada para tal fin os seus datos: nome, apelidos, DNI, dirección completa e teléfono de contacto.
En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico nin poderá cederse a outra persoa distinta do gañador.
FEIRACO resérvase o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin o gañador nin ningún dos suplentes cumpran os requisitos citados nestas bases.
O premio serán remitido por mensaxería nun prazo de 30 días laborais.
8.- CONDICIÓNS E RESERVAS:
A comunicación dos datos persoais a través do perfil de FACEBOOK ou INSTAGRAM de fans oficial de FEIRACO, é requisito obrigatorio para que os gañadores poida recibir o premio obtido como participantes lexitimamente admitidos ao sorteo, así como a súa maioría de idade. De resultar agraciada algunha persoa que non cumpra estes requisitos a súa participación resultará automaticamente excluída e o premio outorgaráselle ao/á inmediato/a suplente.
FEIRACO descartará aquelas participacións que sexan abusivas ou fraudulentas e non se fai responsable da veracidade dos datos facilitados polos participantes. Este concurso organízase coa pretensión de incentivar e fomentar a participación de todos os consumidores, premiando a fidelidade en condicións de igualdade e con estrito respecto ao principio xeral da Boa Fe. Por ese motivo, FEIRACO excluirá automática e inmediatamente del a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, observe unha conduta mendaz ou inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos, en caso de que as irregularidades, ou calquera outras, se detecten con posterioridade á entrega efectiva dalgún dos premios, FEIRACO resérvase o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable, entre outras, as tendentes á devolución dos premios.
Os premios da promoción non se poderán sustituír por outros a petición do gañador, nin poderán ser cambiados polo seu valor en metálico. FEIRACO resérvase, en calquera caso, o dereito a mudar os elementos da promoción por outros de igual ou superior valor cando concorra xusta causa, e ademais, tamén, resérvase o dereito a anular, suspender ou modificar a promoción por FEIRACO, se por causas técnicas ou de calquera outra índole allea á vontade desta, esta non puidese cumprir co normal desenvolvemento da promoción, segundo o estipulado nas presentes bases.
O non previsto nestas bases, que se interpretarán en conxunto, rexerá a normativa legal disposta que sexa de aplicación, integrándose os baleiros ou dúbidas conforme á boa fe, usos comerciais e técnicos que resulten axeitados, e principios xerais do Dereito.
9.- TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS:
Os datos de carácter persoal que faciliten as persoas participantes neste concurso serán tratados dando estrito cumprimento ao establecido na Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales, e no Real Decreto 1720/2007, do 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento dela así como co Reglamento General Europeo de Protección de Datos.
A persoa participante coñece e consente inequívocamente que os seus datos persoais sexan tratados por FEIRACO LÁCTEOS, con domicilio en Ponte Maceira-Agron s/n, e con número de identificación fiscal B-15996929, quen os usará e tratará sen que xere ningún tipo de remuneración, conforme ao previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coa finalidade de realizar cantas xestións sexan necesarias para o desenvolvemento do concurso.
Non obstante, este dereito poderá ser revogado no momento en que o participante estime oportuno. FEIRACO LÁCTEOS garante os seus dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación , limitación do tratamento e portabilidade. Para exercer estes, o participante terá que dirixirse a Ponte Maceira-Agron s/n, Ames (A Coruña), identificándose de forma fidedigna, para verificar a súa identidade e non poñer en risco a súa privacidade e confidencialidade; ou ben a comite.privacidad@clun.es.
En calquera caso, o tratamento da información facilitada como participante restrínxese á finalidade de participar neste concurso suxeito as presentes bases.
Os datos serán tratados durante a sustanciación do concurso e, unha vez finalizado este, serán gardados para a eventual tramitación de reclamacións ou queixas, relacionadas co desenvolvemento do mesmo, ou, en último término, ata que o participante exerza o seu dereito de cancelación en consonancia coa facultación para acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios. Os datos no se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal.
Vostede ten en todo caso dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando os seus datos persoais, polo tanto mantense inalterable o seu dereito de acceso, cancelación, rectificación ou oposición.
10.- ACEPTACIÓN E DEPÓSITO DAS BASES:
A remisión da solicitude de participación na promoción implica a aceptación da totalidade das presentes bases polos participantes. A manifestación en contrario polo participante implicará a exclusión de éste da promoción e FEIRACO quedará liberada do cumprimento da obriga con dito participante.
11.- LITIXIOS:
A lexislación aplicable ás presentes bases é a española. Os participantes, con renuncia expresa de calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela. Aos efectos de calquera notificación ou requirimento que resulte necesario efectuar por calquera causa relacionada ou derivada do presente sorteo, entenderase designado como domicilio destes os que consten salientados na comunicación da participación na presente promoción.