Receita de biscoito de Yogu+ Feiraco

Nin os peques da casa nin os maiores resistiránse a esta receita feita co Yogu+ Feiraco! Toda unha tentación gastro para a xente que anda na procura de saborear un biscoito de iogur diferente, pero moi saboroso. E o mellor de todo… leva o noso iogur bebible elaborado con leite 100 % galego! Que máis se pode pedir?

 

Continue reading “Receita de biscoito de Yogu+ Feiraco”

Por que querer o leite a calquera idade?

O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, minerais e vitaminas. O calcio é imprescindible para o crecemento e desenvolvemento do esqueleto nos primeiros anos, para así gozar duns ósos saudables ao longo da nosa vida. Ademais axuda a diminuir a graxa corporal, a mellorar o perfil lipídico do sangre, a aumentar a masa muscular e a mellorar a saúde cardiovascular. Na actualidade están a investigarse novos beneficios en relación cos péptidos bioactivos, o seu posible efecto hipotensor e as súas propiedades antimicrobianas, entre outros.

Continue reading “Por que querer o leite a calquera idade?”