Feiraco ficha a Iago Aspas e David Mella para levar o gran derbi galego ao corazón do rural

  • A iniciativa ‘Todo se decide no campo’ resolve a histórica rivalidade nun partido xogado nun prado e arbitrado por unha gandeira
  • Froito desta unión, creamos unha edición limitada de camisetas, metade celestes e metade azuis, representando así aos dous equipos galegos

Feiraco pon en marcha unha nova entrega da iniciativa ‘Todo se decide no campo’ unindo deporte, humor e tradición para conectar co público galego. Aproveitando a histórica rivalidade entre os dous grandes equipos do fútbol galego, a marca, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, leva a competición a un terreo moi especial: o campo, o corazón do rural galego.

Nesta ocasión, as novas fichaxes de Feiraco son dúas das figuras máis relevantes do fútbol galego: Iago Aspas, de Moaña, e David Mella, de Teo, dous futbolistas ‘made in Galicia’ que se ven inmersos nun reto que vai máis aló do terreo de xogo xa que se desenvolve nunha pradería, un escenario moi distinto ao habitual.

Alí, desafiados por unha gandeira da cooperativa que exerce de árbitra, compiten nunha proba na que o deporte rei se mestura co traballo no campo, o que fai que ámbolos dous futbolistas teñan que facer fronte a obstáculos do menos usuais, como un tractor, vacas pastando ou pacas de palla.

Unha camiseta especial

Como símbolo desta unión sen precedentes, Feiraco crea unha camiseta especial, metade celeste e metade azul, representando as cores dos dous equipos galegos e a capacidade da marca para estar presente no corazón da nosa terra. Como mostran ao final da peza audiovisual, a marca logra unir o que parecía imposible a prol dun único equipo, o de Feiraco. Estas camisetas poderán conseguirse a través de sorteos que realizará a marca a través das nosas redes sociais oficiais. 

Con esta iniciativa, Feiraco xoga co poder das palabras para reivindicar que tanto no fútbol como na produción láctea, grazas ao traballo coidado dos gandeiros e gandeiras, todo se decide no campo. Desta maneira, logra sintetizar os valores que os definen como marca: autenticidade, galeguidade, conexión co campo e tradición.

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

Puxéronse a disposición do público máis de 5.000 gorros e paraugas coas cores e identidade gráfica da simbiose entre a marca e o club.

FEIRACO participou de maneira activa na celebración do 25º aniversario da histórica conquista da Liga por parte do Real Club Deportivo de La Coruña cunha acción coa que recuperou a memoria dunha das etapas máis brillantes do club e da súa relación coa marca galega.

Durante a previa do encontro celebrado o sábado 17 de maio en Riazor, FEIRACO organizou a repartición dunha edición limitada de “merchandising” co deseño exclusivo do aniversario. En total, puxéronse a disposición do público máis de 5.000 gorros e paraugas coas cores e identidade gráfica da simbiose FEIRACO-DÉPOR.

A acollida da iniciativa superou todas as expectativas. As unidades dispoñibles esgotáronse na súa totalidade en menos dunha hora, amosando o forte vínculo emocional que a afección conserva con aquela época dourada do club.

Con esta acción, desde FEIRACO buscaron homenaxear un capítulo inesquecible da historia do deporte galego, no que a marca acompañou ao emblemático club como patrocinador principal. Por ese motivo, “non quixemos perder a oportunidade de sumarnos a esta celebración dunha maneira activa, poñendo en valor a conexión emocional cos milleiros de afeccionados que se achegaron ese día ás inmediacións de Riazor”, apuntan.

 

Feiraco regresa ás camisetas do RC Deportivo 24 anos despois

  • A imaxe da marca de leite cooperativo estará presente no lombo da camiseta branquiazul
  • O novo porteiro, H. Leite, protagoniza o vídeo da presentación do patrocinio de FEIRACO.

 

A marca de leite FEIRACO volve ás camisetas da vestimenta do club deportivista da Coruña. Vinte e catro anos despois de protagonizar a camiseta blanquiazul do Real Club Deportivo de A Coruña durante oito temporadas inesquecibles para os coruñeses, FEIRACO regresa á equipación deportivista para esta temporada 2024-2025.

No partido da xornada 3 de LALIGA HYPERMOTION que se celebra o domingo 1 de setembro, o RC Deportivo xoga en Riazor contra o Racing Ferrol, os de Riazor estrearán as camisetas con logo de FEIRACO, desta volta non no frente da camiseta, senon na parte traseira, xusto enriba do nome dos xogadores.

Máis dun LEITE no RC Deportivo

A comunicación deste patrocinio realizouse nun simpático vídeo moi compartido en redes sociais e coa complicidade dunha das últimas fichaxes do RC Deportivo: o porteiro brasileiro Helton Leite. Na peza audiovisual o porteiro aparece coa camiseta na que se le o seu apelido “LEITE”. Mentres todos os espectadores pensan que se está a falar de Helton, o vídeo desvela que no RC Deportivo, agora, hai máis dun leite, desvelando finalmente o logotipo FEIRACO enriba do apelido do xogador. 

Un regreso moi esperado

A afición deportivista ten demostrada a súa devoción polo combo FEIRACO-RC Deportivo en moitas ocasións. Unha das últimas foi coa edición limitada da camiseta do Dépor verde co logotipo FEIRACO que provocou longas filas na Deportienda e se esgotaron en cuestión de días. 

As mostras de apoio ó regreso desta marca á vestimenta do equipo coruñés faise notar con cada oportunidade nas redes sociais, onde se recollen miles de publicacións (algunhas moi enxeñosas) e peticións para que FEIRACO regrese como patrocinador. Unha comunidade que seguro celebrará que a marca de leite de cooperativa regrese ás camisetas como un dos patrocinadores premiums.

Sobre Feiraco e o RC Deportivo

FEIRACO cónvertese en patrocinador principal do RC DEPORTIVO na temporada 1992-1993, protagonizando dende aquela a camiseta blanquiazul durante oito temporadas consecutivas. 

Neste período 1992-2000 de convivencia FEIRACO e RC DEPORTIVO o club coruñés pasou a ser coñecido como: o Superdepor. Logrando figuras do fútbol que pasaron a historia como Bebeto, Mauro Silva ou Djaminha e con entrenadores tan queridos como Arsenio Iglesias, ou como Javier Irueta. Alcanzaronse tamén importantes títulos como a Copa do Rei (1995) ou campións de liga (99-00).

FEIRACO tira da afección para felicitar ao Dépor cunha “aliñación de momentos inesquecibles cara ao ascenso”

Logo de preguntar en redes á afección, elaboramos unha aliñación cos once momentos clave do ano, tirando dos valores de equipo que compartimos: “Todo se decide no campo”.

Lanxamos unha enxeñosa e emotiva iniciativa na que felicitamos ao deportivismo polo regreso á Segunda División cunha aliñación de momentos inesquecibles cara ao ascenso, once acontecementos memorables propostos pola afección do club herculino.

Desde inicios da semana pasada, as rúas da Coruña enchéronse de mensaxes de FEIRACO que a afección deportivista de seguro recoñecerá ao instante.

Trátase dun repaso polos once momentos clave nos que o éxito do equipo de decidiu no campo.

A aliñación de momentos inesquecibles cara ao ascenso 

Nas redes sociais, e durante os últimos partidos do Dépor, preguntamos á afección polos acontecementos da tempada máis celebrados, aqueles días clave nos que todo se decidiu no campo, en referencia aos valores de equipo e cooperativa que o Dépor e FEIRACO comparten, como recolle no seu claim: “Todo se decide no campo”.

Así, man a man coa afección conformouse unha “aliñación de once momentos inesquecibles cara ao ascenso” do Dépor, que loce nas rúas da Coruña e tamén na web 11momentos.feiraco.es . Estes acontecementos claves para entender o éxito do Dépor nesta tempada recollen tanto actuacións individuais como os logros do equipo e o papel crucial da afección deportivista.

Algúns dos momentos deste once titular do deportivismo louvan as paradas de Germán Parreño, as carreiras de Mella, o regreso de Yeremay, os goles de Lucas Pérez, os desprazamentos masivos da afección ou a xornada na que Riazor bateu o récord de asistencia na categoría. Todos, na web.

Unha tote bag exclusiva 

Como colofón á campaña, lanzamos unha tote bag exclusiva coas franxas branquiazuis que a afección pode conseguir de varias formas. Xa está dispoñible en varios supermercados da cidade da Coruña e Lugo, de balde pola compra dunha caixa de leite FEIRACO.

Os supermercados nos que se atopa esta promoción son: Froiz (Cuatro Caminos e Granxal), Eroski (rúa Isaac Peral, rúa Perez Cepeda e rúa Illas Sisargas), Gadis (Avenida Mariña, Pocomaco e Cuatro Caminos); Carrefour Alfonso Molina, Alcampo Coruña e no Carrefour de Lugo.

Ademais, sortearemos varias unidades entre as persoas subscritas ao Club Feiraco e tamén entre os seguidores das nosas redes sociais.

Parabéns, deportivistas, polo conseguido no campo

Para felicitar a todos os deportivistas polo tan desexado ascenso, enchemos A Coruña con momentos inesquecibles desta tempada.

Preguntámoslle á afección cales foron os momentos nos que todo se decidiu no campo, e de todos eses momentos, escollemos 11 para crear a aliñación dos once momentos inesquecibles cara ao ascenso. 11 acontecementos únicos e memorables nos que todo se decidiu no campo que xa podes atopar repartidos por toda A Coruña.

E por suposto, tíñamos que ter un agasallo exclusivo e inesquecible para celebrar con todos vós este ascenso: creamos unha tote bag edición limitada FEIRACO. 

Tes moitas formas de conseguir unha tote bag coma esta:

  • Mercando unha caixa de leite en diferentes supermercados de A Coruña
  • Completando o formulario que atoparás na web 11momentos.feiraco.es
  • Estando moi atento ás nosas redes sociais, nela sortearemos varias!

De novo, de parte de todo o equipo FEIRACO: parabéns deportivistas polo conseguido no campo!