- A marca colaborará un ano máis como patrocinadora deste tradicional evento, achegando o avituallamento en bolsas de rafia reutilizables para a compra
- A proba celebrarase este domingo, 25 de outubro, a partir das 10:00 horas, con saída desde Xoán XXIII e chegada á Praza do Obradoiro
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2026. Feiraco reafirma o seu compromiso co deporte galego na 47.ª edición da Carreira Pedestre Popular de Santiago de Compostela, onde conmemorará o Día Mundial do Iogur, que se celebra hoxe, repartindo iogures a máis de 4.000 participantes. A marca da cooperativa rural CLUN súmase, un ano máis, á lista de patrocinadores oficiais desta tradicional proba organizada por El Correo Gallego, que terá lugar este domingo, 25 de outubro.
Feiraco acompañará a todos os corredores ao longo do percorrido. Farao participando de forma activa na competición, mediante a achega de bolsas de rafia (reutilizables para a compra) para o avituallamento e os seus novos iogures gregos para os corredores.
Ás 10:00 horas sairán da Avenida Xoán XXIII os competidores da categoría adulta, que deberán completar unha distancia de 12 quilómetros antes de chegar á fronte da Catedral. Pola súa banda, a proba para escolares comezará ás 11:30 horas e constará de 7 quilómetros, con saída e meta nas mesmas localización
O iogur grego de Feiraco, a novidade principal.
A principal novidade da participación de Feiraco na Carreira Pedestre Popular deste ano serán os iogures gregos dos que poderán gozar os deportistas. Esta liña de produtos foi presentada o pasado mes de xuño e consta de tres variedades: natural, pexego con froita da paixón e vainilla con mazá. Estas referencias foron deseñadas coa intención de cubrir a demanda de sabores tradicionais e outros máis innovadores, todas elas elaboradas con leite propio da cooperativa e cunha textura que destaca pola súa suavidade.
Non só se trata dun produto de selo autóctono no seu interior, senón que tamén combina a cultura galega e grega no exterior: o seu envase conta co deseño de Carlos Arrojo, cuxas ilustracións recollen elementos representativos do patrimonio galego e establecen paralelismos coa estética grega. Esta proposta gráfica busca trasladar aos iogures valores vinculados á orixe, ao territorio e mellorar a súa visibilidade e identificación.
Coa introdución destes lácteos nunha das probas máis relevantes do calendario autonómico, Feiraco reforza a relación entre os seus produtos, a actividade física e a alimentación equilibrada.
Feiraco, sempre co deporte.
Ademais do fomento dun estilo de vida saudable, a marca de CLUN tamén redobra a súa aposta polo deporte, un vehículo ideal para a transmisión de valores comúns, como o esforzo, a calidade ou a reivindicación da contorna galega.
Sen ir máis lonxe, Feiraco vén de renovar a mediados de setembro a súa alianza co RC Deportivo da Coruña para a tempada 2026/2027, coincidindo co seu regreso a Primeira División. A súa colaboración non se limita ao primeiro equipo: o selo é provedor oficial do club e está presente no comedor da cidade deportiva de Abegondo, pero tamén apoia o Deportivo Abanca e a Fundación RC Deportivo mediante iniciativas como DéporEscolas ou o DéporCampus.
Do mesmo xeito, Feiraco continúa acompañando a diferentes entidades deportivas nos seus logros. O exemplo máis claro é o da SD Negreira, que vén de facer historia ao recibir a Real Sociedad na Copa do Rei a tempada pasada.
