Cociña con Feiraco dous pratos salgados

 

Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado ou verdura, con só un 18% de materia graxa e sen glute.

Se o que desexas é engadir un toque máis cremoso ás túas receitas, podes combinar ambos produtos co Queixo Feiraco D.O., grazas ao seu sabor suave e a súa textura tenra.

Empregar estes tres produtos para cociñar os teus pratos na casa con ingredientes frescos de tempada, será todo un acerto para o teu padal e a túa saúde. E agora que estamos en outono traemos dúas receitas destas datas para cociñar con Feiraco:  Revolto de cogomelos e castañas, e Quiche de lacón con grelos.

grafica-recetact31

Quiche de lacón con grelos

Ingredientes:

150 g de grelos cocidos 

150 g de lacón cocido 

Aceite de oliva virxe extra, sal e pementa

1 lámina de masa brisa 

1 cebola pequena 

4 ovos  

150 ml de leite ou nata para cociñar Feiraco 

150 g de queixo Arzúa-Ulloa Feiraco

Preparación:

• Forramos un molde coa masa brisa e cocemos no forno a 200ºC ata que estea dourada. Reservamos. 

• Picamos a cebola e sofritimos uns minutos. Engadimos o lacón cocido e os grelos escorridos. Salpimentamos. 

• Batimos os ovos e engadimos o leite e 100 g de queixo. 

• Vertemos na masa primeiro o sofrito, a continuación o batido de ovos e leite, e por enriba queixo relado.

• Levamos a tarta ao forno a 200ºC, ata que estea callada.

grafica-recetact30-01-01

Revolto de cogomelos e castañas

Ingredientes:

200 g Cogomelos de distintas variedades

200 g de castañas galegas

4 ovos

1 xorro de nata para cociñar Feiraco

1 ceboliña

Aceite de oliva, pementa e sal

4 rebanadas de pan galego 

250 g de queixo Feiraco Arzúa-Ulloa

Preparación:

• Escaldamos as castañas en auga fervendo. Escorremos e envolvemos nun pano limpo para pelar a pel. Troceamos e fritimos en aceite de oliva. Deixámolas escorrer sobre papel de cociña. 

• Gratinamos no forno as rebanadas de pan co queixo Feiraco Arzúa-Ulloa por riba.

• Pochamos a ceboliña picada. Cando estea transparente, engadimos os cogomelos limpos e troceados. Engadimos os ovos e nata batidos para o revolto. Salpimentar.

• Sobre o pan con queixo fundido, servimos o revolto e adornamos coas castañas.

Bó proveito!

Cociña con Feiraco unhas albóndigas con queixo Arzúa-Ulloa

Es quen de resistirte a unhas saborosas albóndegas? Se hai pequenos na casa, seguro que trunfas con este prato moi sinxelo de preparar. Con esta receita poderás acompañar  a carne picada da túa elección cun ingrediente único, saudable e ademais, ¡delicioso!
Co noso Queixo Arzúa–Ulloa Feiraco D.O. preparás unhas albóndegas ás que aportarás unha cremosidade inusual, aparte de ser aptas para celíacos porque non contén glute. Elaborado de forma artesanal con leite 100% galego, con este queixo daráslle un sabor único a un prato que seguramente volverás repetir 😉 Continue reading “Cociña con Feiraco unhas albóndigas con queixo Arzúa-Ulloa”