Son moitos os ingredientes que fan do Entroido galego unha celebración única, por iso, este ano, celebrámolo destacando OS INGREDIENTES PARA O NOSO ENTROIDO!🎭
E non só falamos dos ingredientes para as tradicionais receitas de Entroido, senon tamén…Dos ingredientes que forman a cultura do Entroido galego:
- Catro provincias de tradicións
- Charangas ao gusto
- Moita retranca
- Dúas cuncas de bo humor
- Media ducia de xuntanzas…
E como sabemos que o Entroido tamén é época de receitas e cociña tradicional, non che pode faltar, para cociñar con estilo, A BATA DO NOSO ENTROIDO que sorteamos pola compra de leite FEIRACO.
💚 Como participar no sorteo das BATAS DO NOSO ENTROIDO?
- Merca dúas caixas de leite FEIRACO (de calquera referencia)
- Fai unha foto do tícket de compra xunto coas dúas caixas de leite
- Sube o tícket de compra e completa o formulario que atoparás na nosa web: entroidofeiraco.com
- E listo! Xa estás a participar
📖 E a maiores… REGALÁMOSCHE O RECEITARIO DO NOSO ENTROIDO!
Ademais, queremos axudarche a preparar os pratos máis típicos destas datas. Descarga de balde o noso receitario especial de Entroido en entroidofeiraco.com e pon en práctica as mellores receitas!
Non deixes pasar esta oportunidade de festexar o Entroido co sabor máis auténtico! 🎭🥞