Sigue a nosa toalla viaxeira!

Cando dicimos que temos os mellores fans de todo o mundo mundial, non esaxeramos!

Como ben sabedes, este ano propuxémonos encher as praias de Galicia coas nosas #ToallasFeiraco e nada nos fai máis ilusión que recibir as vosas fotografías amosándonos o periplo da toalla viaxeira. Que gusto da ver o ben que están pacendo as nosas vaquiñas este ano nos areais galegos, piscinas e terrazas!

Feiraco premia as Letras Galegas

Feiraco celebrou o 4 de xullo o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas. Os gañadores da VI edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Vili Rei, Alba Sánchez e Ariadna Fernández, na categoría de adultos; e Candela Millán, Ana Rosa Cantalejo e…

VI Certame de Microrrelatos Feiraco. Participa!

  Gústache escribir? Amósanos o teu talento literario, concentrado nun relato breve de tan só 500 caracteres con espazos, e axúdanos a demostrar que as nosas letras están máis vivas que nunca! Unidos polas nosas letras Por sexto ano consecutivo queremos sumarnos á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura. E…

Resumo I Xornada Técnico Económica

Transparencia na cadea de valor, reforzo da industria e producións sostibles, tarefas de CLUN para competir no mercado lácteo mundial Principais deberes que se ‘impón’ o director xeral de Unión de Cooperativas Lácteas, José Luís Antuña, no cumio gandeiro celebrado hoxe en Santiago con asistencia de 1.000 gandeiros “CLUN é o espazo de futuro do sector…

Promoción Entroido 2017

Feiraco disfrázase para celebrar o Entroido un ano máis más cos consumidores • Celebra por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que se sortearán centos de ‘Vacamisetas’ e vestiranse os seus packs de leite con este divertido estampado • Para participar, os consumidores terán que adquirir unha caixa de calquera variedade de leite Feiraco e enviar…