FEIRACO CELEBRA AS LETRAS GALEGAS 2018 CUNHA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, O TRADICIONAL CERTAME DE MICRORRELATOS E A REEDICIÓN DOS CONTOS DE ONDE VÉN O LEITE

  • Hoxe presentouse a VII edición do Certame de Microrrelatos dirixido a nenos, mozos e adultos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Pousadas de Compostela 
  • Este ano colabora ademais na Carreira Camiño das Letras e volve colaborar nos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • A campaña de animación á lectura “Practica a LEITura” permite optar a un dos 150 carteis vintage que Feiraco sorteará ata o 27 de maio

Nova campaña de Feiraco

Esforzo, compromiso, valor, entrega, traballo en equipo… Hai case 50 anos un grupo de gandeiros do val da Barcala uniuse co gran soño de crear un proxecto no rural galego movido por todos estes valores. Despois de medio século de andaina, Feiraco é hoxe o triunfo daquel reto, que parecía case unha quimera. Os nosos…