FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

Feiraco volveu a correr xunto a Galicia na 46ª Carreira Pedestre Popular de Santiago. Un ano máis, sumámonos ao grupo de patrocinadores da 46ª edición da Careira Pedestre Popular de Santiago, organizada polo Correo Galego, unha das citas máis arraigadas e emblemáticas do atletismo galego e nacional.

Iogures FEIRACO, enerxía para os corredores

Nesta edición, Feiraco estivo máis presente ca nunca co novo iogur, un produto recentemente lanzado ao mercado, presente nos puntos de avituallamento, axudando ás persoas participantes a manter o ritmo e completar a proba con vitalidade.

Ademais, na Praza do Obradoiro instalouse un iogur xigante como símbolo da presenza da marca nesta cita. Tamén fomos os encargados de entregar a bolsa oficial da carreira, reafirmando o noso papel como aliados dos deportistas galegos, como embaixadores dos produtos lácteos de proximidade e de cooperativa e inundando as rúas de Santiago de Compostela de verde. 

 

 

 

 

CLUN apoia o deporte feminino patrocinando ao equipo de baloncesto Baxi Ferrol

  • A equipación deportiva contará coa presenza das marcas Feiraco e Clesa
  • Esta colaboración enmárcase nas acción da Cooperativa en materia de igualdade e difusión e promoción do deporte feminino

  Continue reading “CLUN apoia o deporte feminino patrocinando ao equipo de baloncesto Baxi Ferrol”