Cociña con Feiraco dous pratos salgados

  Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado…

Cociña con Feiraco unhas albóndigas con queixo Arzúa-Ulloa

Es quen de resistirte a unhas saborosas albóndegas? Se hai pequenos na casa, seguro que trunfas con este prato moi sinxelo de preparar. Con esta receita poderás acompañar  a carne picada da túa elección cun ingrediente único, saudable e ademais, ¡delicioso!
Co noso Queixo Arzúa–Ulloa Feiraco D.O. preparás unhas albóndegas ás que aportarás unha cremosidade inusual, aparte de ser aptas para celíacos porque non contén glute. Elaborado de forma artesanal con leite 100% galego, con este queixo daráslle un sabor único a un prato que seguramente volverás repetir 😉