Este ano, en FEIRACO celebramos o Día das Letras Galegas cunha homenaxe moi especial á nosa identidade cultural baixo o lema “Galicia é campo de artistas”. Porque non hai mellor maneira de honrar a nosa lingua que exaltando o folclore tradicional, ese que nos conecta co pasado e nos fai únicos no presente.
En colaboración co recoñecido grupo Xacarandaina, lanzamos a noa propia academia de folclore online, dispoñible en vivefeiraco.es, onde poderás gozar de clases abertas para sentir e aprender os fundamentos do noso folclore:
🎶 Introdución á pandeireta
🕺 Pasos básicos da muiñeira
🎤 Canto e ton no folclore
XIII Certame de Microrrelatos FEIRACO
E para seguir fomentando a creatividade e a paixón pola lingua, tamén abrimos o XIII Certame de Microrrelatos que nesta edición convida a contar historias protagonizadas por cantareiras e pandeireteiras, achegando a poesía oral tradicional ás novas xeracións. Hai dúas categorías —xuvenil e adulta— e os premios inclúen unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, ademais dun lote de produtos FEIRACO.
Así que xa sabes… A darlle á imaxinación e ao boli que o prazo para participar xa está aberto!
Con esta campaña, reafirmamos o noso compromiso coa cultura galega, co orgullo de sementeira e coa ilusión de seguir facendo das Letras Galegas 2025 un verdadeiro campo de artistas 😉