Un flan cos batidos de chocolate Feiraco cheo de sabor que vai ser a sobremesa perfecta do verán. Repetiredes unha e outra vez!
Continue reading “Receita de flan de chocolate Feiraco”
Etiqueta: batido chocolate feiraco
Por que querer o leite a calquera idade?
O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, minerais e vitaminas. O calcio é imprescindible para o crecemento e desenvolvemento do esqueleto nos primeiros anos, para así gozar duns ósos saudables ao longo da nosa vida. Ademais axuda a diminuir a graxa corporal, a mellorar o perfil lipídico do sangre, a aumentar a masa muscular e a mellorar a saúde cardiovascular. Na actualidade están a investigarse novos beneficios en relación cos péptidos bioactivos, o seu posible efecto hipotensor e as súas propiedades antimicrobianas, entre outros.