MODELO DE XESTIÓN SUSTENTABLE

Alimentando un Xeito de Ser é a filosofía que define a Feiraco, determinada polos nosos valores e un modelo de xestión sustentable fundamentado en 3 alicerces: CALIDADE, entendida como a procura constante da satisfacción do cliente e do consumidor grazas á excelencia do produto; INNOVACIÓN, resultado dos coñecementos aplicados á mellora continua dos nosos produtos, servizos e procesos, e RESPONSABILIDADE SOCIAL con todos os grupos de interese.