Receita do Roscón de Reis con nata Feiraco

O roscón de Reis é un doce que gusta por igual a nenos e a maiores. Anímaste cun caseiro? É máis sinxelo do que cres! Xa nos contas que tal che foi.??

 

 

Ingredientes 

  1. 1 lámina de follado refrixerada
  2. 50 g de azucre
  3. 25 g de azucre glas
  4. 50 g de améndoas laminadas
  5. 500 ml de nata para bater
  6. 1 ovo

feiraco roscon de reyes

Preparación

  1. Pon a nata para bater Feiraco media hora antes na neveira.
  2. Prequencer o forno a 180°.
  3. Estender a lámina de follado sobre papel de forno e cortala en forma de circular. Cando remates, fai outro círculo interior de 12 cm para crear un aro de uns 8 cm de ancho. Reservar o follado sobrante para aproveitar noutras receitas.
  4. Nunha bandexa de forno colocar o papel de forno cun aro de follado e pintar cun ovo batido. Logo empoar coa metade das améndoas laminadas.
  5. Fornear entre 15-20 minutos ou ata que esté lixeiramente dourado.
  6. Retirar do forno e deixar arrefriar o aro do follado.
  7. Cunhas varillas eléctricas ou cun robot de cociña, bater a nata FEIRACO moi fría. Cando comece a espesar, engadir 50 g de azucre e seguir batendo ata montar.
  8. Reencher nunha manga pasteilera a nata montada.
  9. Abrir o roscón pola metade con moito cuidado para evitar romper o follado. Separar a parte de arriba e reencher a inferior coa nata montada. Colocar enriba a parte superior e empoar a superficie coas améndoas restantes e un pouco de azucre glas.
  10. Servir o roscón deseguido ou reservar un par de horas na neveira.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis

Feiraco celebra ‘Un Nadal para todos’ unindo xeracións e tradicións

18 Decembro, 2025

Ler máis

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis