Receita da rosca de Pascua con leite Feiraco

Pan de ovos, boleardos, periquito, trenza de ovo, carrapito… chámalle como queiras! Temos unha ducia de nomes e doces que varían por zonas. O que si é que a rosca galega de Pascua é sinónimo de festa e hoxe traémosche a nosa receita. Imos quentando motores para este #VenresLarpeiro que está por vir!

 

Ingredientes

570 gramos de fariña de forza

150 ml de leite enteiro Feiraco

10 gramos de fermento fresco de panadaría

4 ovos

100 gramos de azucre

60 gramos de manteiga

Reladura dun limón

Sal

Azucre perlado

Améndoas en láminas

 

Preparación

Para o fermento, disolver nunha cunca 100 ml do leite templado e a metade do fermento. Engadir 100 gramos da fariña e continuar remexendo ata integrar todo ben. Deixar reposar durante unha hora.

Poñer noutra cunca os 450 gramos da fariña, o resto do fermento e o preparado anterior. Sen deixar de remexer, engadir o leite restante, os ovos batidos, o azucre, o sal, a reladura do limón e, por último, a manteiga.

Tempo de poñerse mans á obra! Poñer a masa nunha superficie con fariña ata obter un preparado liso e homoxéneo. Darlle forma de bola e colocala nun recipiente empoado con fariña para deixar reposar durante unha hora e media ata que logre doblar o seu volume.

Unha vez pasado ese tempo, precalentar o forno a 180º, amasar de novo lixeiramente a masa, dividila en dúas partes e trenzar cada unha delas para darlle forma á rosca. Logo unir os extremos e deixar reposar a nosa rosca en papel de forno para que siga crecendo.

Finalmente, pintar a rosca co ovo batido restante e empoar co azucre perlado e as améndoas en láminas. Ahora xa só queda cocer no forno durante 25-30 minutos con calor enriba e embaixo e… a gozar!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Celebramos o San Xoán homenaxeando á terra, á tradición e ao feito a man

12 Xuño, 2025

Ler máis

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis