Receita de Pudin de Pan co leite Feiraco

Se che sobrou algo de pan do día anterior, anímate e prepara esta receita de aproveitamento: pudin de pan con leite FEIRACO. Ten pintaza e de sabor, aínda está mellor! ???

 

 

Ingredientes 

  1. 500 ml de leite enteiro Feiraco
  2. 180-200 g de pan do día anterior
  3. 6 ovos
  4. 80-100 g de azucre moreno ou azucre de dátil
  5. 20 ml de manteiga Únicla
  6. 50-100 g de pasas
  7. A reladura dun limón
  8. Media rama de canela
  9. Esencia de vainilla

pudin de pan leche feiraco

Preparación

  1. Parte en anacos o pan do día anterior e poñelo nun conco.
  2. Ferver o leite coa vainilla e a pel do limón lavada. Retirar a monda e deixalo reposar o leite 20 minutos e coar.
  3. Cobre os dados de pan con leite infusionado e deixar reposar durante 30 minutos.
  4. Derreter a manteiga de Únicla.
  5. Bater os ovos co azucre e engadir a mestura do pan co leite. Botar a manteiga e as pasas. Mesturar ben ata que quede todo incorporado.
  6. Verter a preparación nun molde engraxado coa manteiga ou forrado con papel de forno.
  7. Enfornar  45 minutos a baño maría no forno prequencido a 180º C.
  8. Deixar arrefriar.
  9. A gozar do pudin de pan co leite FEIRACO. Tamén podes botarlle un pouco de nata se che gusta.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis