Receita do polo con nata Feiraco

Xa estás tardando en probar a receita de hoxe: polo con champiñóns, espinacas y nata Feiraco.?? Non é por presumir, pero está de vicio! Anímate a preparala e xa nos contas que tal che foi.?

 

 

Ingredientes 

  1. 2 peitugas de polo
  2. 250 gramos de champiñóns
  3. 250 g de espinacas frescas
  4. 200 ml de nata para cociñar Feiraco
  5. 3 culleradas de aceite de oliva
  6. 2 dentes de allo
  7. Un chisco de noz moscada en po, opcional
  8. Sal e pementa ao gusto

 

Preparación 

  1. Pelar e cortar o allo moi fino.
  2. Limpiar os champiñóns, separar o talo da parte de enriba. Deixa o sombreiro do champiñón completo e cortar os talos en dados.
  3. Nunha pota, poñer aceite para sofritir os allos e engadir os troncos dos champiñóns cun chisco de sal.
  4. Remexer un par de minutos e engadir os dados do polo salpementado ao gusto. Deixalo fritir a lume forte durante cinco minutos removendo de vez en cando.
  5. Engadirlle agora os champiñóns enteiros e a nata para cociñar de Feiraco sazonando ao gusto empregando se queredes tamén a noz moscada.
  6. Cociñar tapado durante cinco minutos a lume medio e remover de vez en cando. Se ollas que a mestura está moi densa, podes empregar un chisco do noso leite Feiraco para alixeirar. No caso de que houbera moita auga, cociña sen a tapa para que a salsa poida espesar.
  7. Baixa un pouco o lume e engadir as espinacas. Tapa de novo e cociña outros cinco minutiños a lume lento.
  8. E xa o tes listo para desfrutar!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis