Receita de torta de espinacas con nata Feiraco

Unha forma moi saborosa de incorporar a verdura ao noso menú da semana e que lle guste tamén aos máis pequenos da casa. O queixo cremoso de Quescrem e os ovos de Pazo de Vilane danlle un toque delicioso a esta receita e… non poderás resistirte!

Ingredientes
1 masa quebrada conxelada
250 gramos de espinacas conxeladas

50 gramos do queixo Quescrem

3 ovos de Pazo de Vilane

100 ml da nata para cociñar de Feiraco

Preparación
Estirar a masa coa axuda dun rodete e colocala no molde.

Cocer medio litro de auga nun cazo e engadir as espinacas cando empece a ferver ata lograr que estén tenras.

Bater os ovos, o queixo, un pouco da noz moscada e sal. Unha vez que teñamos a mestura homoxénea, engadir a nata de Feiraco e as espinacas ben escorridas para continuar remexendo.

Colocar o preparado na masa e meter no forno, prequentado previamente, a unha temperatura de 175º durante 15-20 minutos. Como truco, unha vez transcorrido o tempo, cambiar a función grill e deixar outro cuarto de hora máis para que a superficie se doure.

Non parece difícil, non si? Anímate a preparar a nosa receita e cóntanos!

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis