Receita de solombo de tenreira con nata Feiraco

Non hai nada más apetitoso para estas datas que un xugoso solombo de tenreira en salsa de nata. O tempo de preparación e cocción non é moi largo polo que é ideal para menús festivos xa que che facilitará o teu labor na cociña.

Ingredientes
6 filetes de solombo de tenreira

200 ml de nata para cociñar de Feiraco

Pementa negra mulida e en gran

1 pastilla de caldo de carne

Aceite de oliva

Sal

Grosellas para adornar

Preparación
Saltear na tixola os filetes de solombo e separar.

Para a salsa utilizaremos a mesma tixola. Cociñamos a lume lento a nata para cociñar de Feiraco, unha culleradiña de pementa negra mulida, unhas boliñas da pementa negra en gran e a pastilla de caldo de carne. Baixar o lume no momento que comece a ferver e engadir a sal.

Engadir os filetes de solombo e cociñalos durante uns minutos xunto coa salsa.

Adornar o solombo coa salsa de nata coas grosellas. Recomendamos acompañar a receita con verduras ou patacas panadeiras.

 

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco celebra ‘Un Nadal para todos’ unindo xeracións e tradicións

18 Decembro, 2025

Ler máis

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis

FEIRACO lanza iogures galegos e de cooperativa

8 Outubro, 2025

Ler máis