Receita de patacas gratinadas con nata Feiraco

Se buscas un acompañamento que sexa perfecto para calquer prato, este é o teu. Sinxelo, rápido de preparar… Non poderás resistirte ás nosas patacas gratinadas con nata Feiraco.

Ingredientes
1 quilogramo de patacas
1 bote de nata para cociñar Feiraco

200 gramos de queixo de barra Feiraco

Aceite de oliva virxe extra

Preparación
Prequentar o forno 180º C.

Unha vez lavadas e peladas as patacas, cortalas cun relador en forma de ‘patacas palla’ e relar tamén o queixo de barra Feiraco.

Regar cun pouco de aceite de oliva virxe extra unha bandexa de forno, botar as patacas, cubrir con queixo e salpimentar. Unha vez listo, meter no forno uns 30-35 minutos.

Un truco? Antes de retirar a bandexa do forno, colocámola na parte superior outros cinco minutos para que o queixo se dore. Unha receita sinxela, rápida e irresistible!

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis