Receita de pan co leite enteiro Feiraco

Imos facer pan artesán integral e sen amasado co noso leite enteiro Feiraco! Só podemos dicir unha cousa: xa nos cheira que arrecende.?

 

 

Ingredientes 

  1. 300 g de fariña de espelta integral
  2. 100 g de fariña de forza
  3. 240 ml de auga
  4. 80 ml de leite enteiro Feiraco
  5. 20 gr de mel
  6. 20 g de manteiga fundida
  7. 20 g de fermento fresco
  8. 1-2 culleradas de sementes moídas de liño e chía 
  9. Copos de avea para decorar
  10. 5 g de sal


Preparación 

  1. Templar o leite e o auga a 37 º C aproximadamente. Engadir o fermento fresco e o miel integrando todo ben.
  2. Nunha cunca grande, engadir a fariña de forza, a fariña de espelta integral co sal e remover as fariñas para desfacer os grumos e darlles así máis aire. 
  3. Verter o líquido co fermento xunto coa manteiga fundida. Integrar ben ata obter unha masa semi pegañenta.
  4. Engadir as sementes de liño e chía. Tamén podes poñer sementes de xirasol e comprobar a textura da masa para que non esté moi seca nin viscosa. Se fose así, engadir un pouco máis fariña ou máis auga. Rematar de mesturar e tapar cun trapo.
  5. Deixar reposar a masa unha hora ben tapadiña co paño nun lugar cálido e sen corrente. 
  6. Cando duplique o seu volume, nunha superficie con fariña estender a masa, e enrolar para facer un tubo do tamaño dun molde. 
  7. Engraxar un molde alargado de aluminio (é preferible evitar siliconas) e colocar o pan e pincelalo co leite enteiro Feiraco e empoalo con copos de avea.
  8. Tapa de nuevo con el pan con el paño y deja levar una vez más media hora más o hasta que duplique su volumen.
  9. Prequencer o forno 10 min antes a 240 ºC.
  10. Baixar a temperatura a 200º C, metelo pan e ao forno uns 30-40 minutos. Saberás que está feito cando ao golpealo soe oco. 
  11. Sacalo do forno e deixar arrefriar. Cortar unha vez frío para que non se esborralle a miga.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco ficha a Iago Aspas e David Mella para levar o gran derbi galego ao corazón do rural

19 Xuño, 2025

Ler máis

Celebramos o San Xoán homenaxeando á terra, á tradición e ao feito a man

12 Xuño, 2025

Ler máis

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis