Receita de croquetas de polbo con leite Feiraco

Para os amantes do polbo e das croquetas… esta é a vosa receita! Animádevos a preparala e contádenos que tal foi. Seguro que conquistades moitos paladares ?

 

Ingredientes
75 gramos de fariña

500 ml de leite enteira Feiraco

1 cebola mediana

2 ovos

150 gramos da cabeza do polbo

65 gramos de manteiga

Pan relado

Aceite de oliva

Sal

 

Preparación
Cocer e cortar en anacos a cabeza do polbo.

Pelar e picar a cebola.

Poñer a quencer o leite e, por outra parte, derreter a manteiga nunha tixola. Unha vez derretida, engadir a cebola coa fariña ata que escalfe.

Ir engadindo o leite á tixola sen deixar de remexer para logo meter a cabeza do polbo e a sal. Unha vez listo, deixar arrefriar.

Comezar a facer as croquetas e pasalas por ovo e pan relado.

Fritilas en aceite quente e… Listo!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis