Receita de biscoito mármore con Leite Feiraco

¡Inauguramos os #VenresLarpeiros con Feiraco cunha desas receitas que gusta a todo o mundo!

Lembra que che quedará aínda mellor co noso Robot de Repostería Feiraco que estamos sorteando! Bule a participar!

Ingredientes

  • 5 ovos grandes
  • 300 ml de aceite de oliva
  • 300 g de azucre
  • 125 ml de leite Feiraco
  • 370 g de fariña
  • 14 g de fermento
  • 20 g de caco puro en pó

Preparación

  1. Batemos os ovos co azucre ata conseguir unha mestura cremosa, branquecina e con volume. Axudará a que o resultado final sexa máis esponxoso!
  2. Incorporamos o aceite, o Leite Feiraco, a fariña e o fermento. Dividimos a mestura en dous boles diferentes
  3. Nun deles engadimos o cacao.
  4. Nun molde forrado de papel vexetal imos colocando alternativamente un parte de masa branca e outra de masa con cacao para que se vaian formando capas das dúas cores. Finalmente, coa axuda dun garfo, facemos formas circulares para conseguir un efecto máis bonito.
  5. Forneamos a 180º durante 40 minutos.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis