Receita de batidos de froitas saudables sen lactosa

Volveraste un apasionado da froita triturada en forma de batido coas receitas que che propoñemos. Xa nos contas que tal foron!

 

 

Ingredientes Batido Enérxico

  1. 300 ml do leite sen lactosa desnatado Feiraco
  2. 1 onza de chocolate negro. Nós escollimos un ao 70 %
  3. 2 plátanos

Ingredientes Batido Antioxidante con chía

  1. 300 ml do leite sen lactosa desnatado Feiraco
  2. 4/5 amorodos
  3. 1 puñado de arandos
  4. 1 cullerada de sementes de chía

Ingredientes Smoothie Revitalizador de mango

  1. 300 ml do leite sen lactosa desnatado Feiraco
  2. 150 gr de mango conxelado
  3. 1 cullerada de liñaza

Preparación Batido Enérxico

  1. Bater o plátano co leite ata obter unha mestura homoxénea e unha textura sedosa.
  2. Non precisaría botarlle nada, pero se che gusta poderías facelo tamén cun pouquiño de mel ou azucre moreno.
  3. Poñer en vasiños e e empoar con labras de chocolate que podes preparar ti mesmo cun pelador.

Preparación Batido Antioxidante con chía

  1. Botar o leite por riba dos amorodos e dos arandos e bater ata conseguir que a froita estea ben moída.
  2. Serve unha cullerada de sementes de chía nun tarro e botarlle o batido de froitas.
  3. Remover ben e deixar reposar 10 minutos e desfrutar.

Preparación Smoothie revitalizador con mango conxelado e linaza

  1. Bater na licuadora o leite xunto co mango ata obter unha mestura xeada de smoothie.
  2. Botarlle unha culleradiña de liñaza por riba… e listo!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis