Por que querer o leite a calquera idade?

O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, minerais e vitaminas. O calcio é imprescindible para o crecemento e desenvolvemento do esqueleto nos primeiros anos, para así gozar duns ósos saudables ao longo da nosa vida. Ademais axuda a diminuir a graxa corporal, a mellorar o perfil lipídico do sangre, a aumentar a masa muscular e a mellorar a saúde cardiovascular. Na actualidade están a investigarse novos beneficios en relación cos péptidos bioactivos, o seu posible efecto hipotensor e as súas propiedades antimicrobianas, entre outros.

 

Os lácteos son de consumo diario na dieta Atlántica e na dieta Mediterránea dende hai secúlos. Os seus beneficios son resultado da interacción de todos os seus nutrientes, sendo máis que unha suma de efectos individuais. O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, magnesio, fósforo, zinc, iodo, selenio e de vitaminas do complexo B, así como A e D. 

 

 

Descobre connosco os beneficios do leite ao longo das diferentes etapas da vida.

A Fundación Española de la Nutrición (FEN) e a Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación y Dietética (FESNAD) recomenda para cada grupo de poboación consumir leite, queixo e iogur nas seguintes cantidades:

  • Nenos: 2-3 racións diarias de lácteos
  • Adolescentes: 3-4 racións diarias de lácteos
  • Adultos: 2-3 racións diarias de lácteos
  • Mulleres Embarazadas e lactantes: 3-4 racións diarias de lácteos
  • Persoas Maiores: 2-3 racións diarias de lácteos

 

A OMS recomenda aos nenos tomar 2-3 racións diarias de lácteos

Beneficios del consumo de leche en niños

 

Todos sabemos que as principais fases de crecemento e desenvolvemento das persoas teñen lugar durante a infancia, e que o calcio é un nutriente imprescindible neste periodo.
Ademais, a adolescencia é unha etapa de “construcción” no noso corpo na que o esqueleto necesita aumentar as súas dosis de calcio para evolucionar.

O leite co seu calcio contribúe a unha maior densidade ósea, a diminuir a graxa corporal, a mellorar o perfil lipídico do sangue, a aumentar a masa muscular e a mellorar a saúde cardiovascular.

 

 

A OMS recomenda que os xóvenes tomen 3-4 racións diarias de lácteos

feiraco-porque-querer-o-leite_-adolescentes

 

No caso dos nenos, recoméndase 2-3 racións diarias que aumentarán a 3-4 racións durante a fase de rápido crecemento da adolescencia. É recomendable que tanto nenos como adolescentes tomen lácteos sen desnatar ou enteiros xa que o retirar a graxa pérdense vitaminas liposolubles e ácidos graxos esenciais.

 

No caso de baixa tolerancia ó leite por presencia de lactosa, a amplia variedade de produtos lácteos existente hoxe en día permite diversas alternativas, como por exemplo o iogur, o queixo e outras leites fermentadas.

 

Atención, nais e pais! Non esquezades que os ósos fortes e a enerxía dos vosos fillos dependen en parte dos lácteos que consuman durante a infancia. Se vedes que evitan beber leite, lembrade que existen numerosos produtos lácteos que podedes darlles no almorzo ou pequenas recompensas ao longo do día. Seguro que algunha destas ideas lles gustarán: o batido de chocolate Feiraco, os iogures bebibles Iogu+ de sabores, o queixo… O seu consumo é unha alternativa saudable ao combinalos con froita.

 

 

A OMS recomenda que os adultos tomen 3-4 racións diarias de lácteos

Porque querer o leite adultos

Durante a idade adulta é recomendable tomar de 2 a 3 racións de leite e produtos lácteos xa que son alimentos moi completos que presentan unha gran variedade de nutrientes e un bo balance de graxa, proteínas e carbohidratos, aportando macro e micronutrientes ricos en proteínas, minerais e calcio de fácil asimilación. Desta forma a dieta estará equilibrada mellorando a masa muscular, a pérdida de graxa y o estado do esqueleto, para así ter boa saúde cardiovascular, e previr enfermidades de todo tipo.

 

 

A OMS recomenda que as mulleres embarazadas e lactantes tomen 3-4 racións diarias de lácteos

Porque querer o leite no embarazo e lactancia

O embarazo é unha das situacións nas que as necesidades de calcio son máis altas xa que o esqueleto do feto debe mineralizarse, polo que o leite e os produtos lácteos proporcionan unha parte esencial dos elementos necesarios para lograr o equilibrio da dieta da futura nai.

Tomando de 3 a 4 racións de leite e produtos lácteos ao día, ademais de absorber mellor o calcio necesario durante esta etapa, grazas a súa mellor biodisponibilidade que en outros alimentos, lógrase mellorar a fonte de proteínas de alto valor biolóxico, minerais e vitaminas necesarias para ter un embarazo saudable. 

E durante a lactancia materna manter unha dieta con varias racións de lácteos ao día axudará á saúde da nai e a do bebé na súa primeira etapa de crecemento.

 

 

A OMS recomenda que as persoas maiores tomen 3-4 racións diarias de lácteos

 

Porque querer o leite as persoas maiores

A fraxilidade nas persoas maiores debido a perda da masa muscular obriga a facer unha adecuada inxesta de alimentos ricos en proteínas, sendo o leite e os seus derivados aliados para conseguilo.

Ademais, a esperanza de vida aumentou considerablemente nas últimas décadas e a terceira idade converteuse nun grupo moi amplo na sociedade con desmineralización de ósos. Esto fai que sexa máis importante que este grupo de persoas teña uns correctos hábitos de vida e alimentación que axuden a combater as patoloxías ligadas a esta idade, como a osteoporose, a deshidratación ou as enfermidades cardiovasculares, entre outras.

No caso de baixa tolerancia ó leite por presenza de lactosa, a amplia variedade de produtos lácteos existente hoxe en día permite diversas alternativas, como por exemplo o leite sen lactosa, o iogur, o queixo e outras leites fermentadas.

Non esquezades que os ósos fortes e a vosa saúde dependen en parte dos lácteos que tomades a diario. Se non vos gusta o leite, lembrade que existen numerosos produtos lácteos que se poden tomar nas vosas comidas. Seguro que algún destos serán do voso gusto: un iogur bebible de sabores Feiraco, un pouco de nata nos vosos pratos, unha ración de queixo… O seu consumo é unha alternativa saudable ao combinalos con froita e verduras.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis