De ruta por Galicia!

Non cómpre ir moi lonxe nin tomar moitos avións para gozar do pracer de viaxar e da experiencia de descubrir a marabillosa riqueza patrimonial e natural que nos rodea. Seguro que moi preto de ti, aquí en Galicia, tes aínda mil e un recunchos por descubrir, verdade?

En Feiraco propuxémonos recomendarvos algunha destas rutas e, así, darvos ideas para facer un plan diferente, xa sexa con amigos, coa familia ou mesmo, por que non, vós sós. Hoxe recompilámosvos tres rutas que publicamos nas nosas redes sociais para que poidades ir planificando unha fin de semana de mochila e natureza. Prohibido quedar sentado no sofá!

 

O Camiño dos Faros

Un percorrido que podedes facer en oito etapas e que discurre pola costa dende Malpica a Fisterra

 

Camiño de Fisterra: Santiago – Negreira

Unha ruta de interior que coincide coa primeira etapa do Camiño de Fisterra.

Canón do Sil

Para a terceira proposta, trasladámonos a Ourense para facer una marabillosa ruta polos Canóns do Sil.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis