Cociña con Feiraco unhas albóndigas con queixo Arzúa-Ulloa

Es quen de resistirte a unhas saborosas albóndegas? Se hai pequenos na casa, seguro que trunfas con este prato moi sinxelo de preparar. Con esta receita poderás acompañar  a carne picada da túa elección cun ingrediente único, saudable e ademais, ¡delicioso!
Co noso Queixo Arzúa–Ulloa Feiraco D.O. preparás unhas albóndegas ás que aportarás unha cremosidade inusual, aparte de ser aptas para celíacos porque non contén glute. Elaborado de forma artesanal con leite 100% galego, con este queixo daráslle un sabor único a un prato que seguramente volverás repetir 😉

Albóndegas con Queixo Arzúa- Ulloa Feiraco

Ingredientes:

– 600 g de carne picada tenreira galega (ou mix de carnes de porco e tenreira; pavo e tenreira)
– Allo picado fino
– Perixel picado
– Sal
– 1 ovo
– Dados de Queixo Arzúa–Ulloa Feiraco
– Pan relado
– Aceite de oliva virxe extra
– Viño blanco

 

Preparación:

– Mezclar a carne picada co allo, o perixel, o ovo batido e o pan relado.
– Coa mecla resultante, formar as bolas e introducir en cada unha un dadiño de Queixo Feiraco Arzúa–Ulloa DO.
– Colocar nunha bandexa de forno as albóndegas e rocíaas co aceite de oliva e un vasiño de viño branco.
– Fornear a 180 ºC durante uns 15 minutos.
– Servir as albóndegas con verduriñas e patacas ao vapor.

Bo proveito!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis