Cociña con Feiraco solombo con Queixo Tetilla

Adoitamos empregar produtos como a nata e o leite para preparar pratos doces e sobremesas, pero, sabías que cos nosos produtos Feiraco podes preparar deliciosas salsas para pratos salados? A nata para cociñar Feiraco é o complemento ideal para acompañar pastas, carnes, verduras ou peixes. Só ten un 18% de materia graxa e non ten glute. O mesmo acontece co noso leite 100% galego, certificado con las máximas Garantías de Calidad.

Se o que desexas é engadir un toque máis tradicional ás túas receitas, podes combinar ambos produtos co Queixo Tetilla Feiraco D.O., grazas ao sabor suave e á textura tenra e cremosa.
Proba a utilizar estes tres produtos para preparar as túas salsas. Que tal un solombo de porco?

Solombo de porco con Queixo Tetilla Feiraco

Ingredientes:
– 4 medallóns de solombo de porco
– 1/2 l de nata para cociñar Feiraco
– 1/2 l leite Feiraco
– 200 g de Queixo Tetilla Feiraco
– Pementa negra
– Perexil picado
– Aceite de oliva
– Sal

Preparación da salsa:
– Cortamos o queixo en anacos e o botamos nun cazo xunto coa nata para cociñar e o leite Feiraco. Poñémolo a lume lento ata que se funda. Removemos ben e deixamos reducir durante 15 minutos.
– Namentres, introducimos os solombos salpementados nunha sartén cun pouco de aceite de oliva e dourámolos. Despois regamos coa salsa de Queixo Tetilla Feiraco que vimos de preparar. Deixamos que se terminen de facer na propia salsa durante 10-12 minutos, segundo o gusto de cada uno.
– Podedes acompañar este prato cunha patacas panadeiras ao forno, uns pementos ou unha ensalada.

¡Bó proveito!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis