Cociña con Feiraco… sobremesas de verán!

Cal é o remate perfecto dun xantar coa familia ou cos amigos? Unha longa sobremesa! E se é cun toque doce, mellor que mellor.
Hoxe traémosvos tres receitas saborosas, fresquiñas e moi doadas de facer para que sorprendades aos vosos comensais este verán. E o máis importante, con todo o sabor e a calidade do leite 100% galego da nosa cooperativa!

Tomade nota!

 

Panacota

Ingredientes:
400 ml de nata para bater Feiraco
40 g de azucre
2 follas de xelatina e un pouco de auga fría para poñelas a remollo
Caramelo líquido
4 moldes pequenos

Preparación:
– Poñemos a remollo as follas de xelatina nun pouco de agua fría
– Mentres, poñemos a quentar a nata nun cazo a lume medio. Deixámola cocer durante 10 minutos sen deixar que ferva. Despois, apartamos do lume, engadímoslle o azucre e removemos durante 1 minuto.
– Engadimos a xelatina ben escorrida á nata e o azucre e removemos durante outro minuto máis.
– Repartimos a mestura en moldes individuais previamente caramelizados. Podes decorar con amorodos, anacos de galleta…
– 4 horas de frigorífico e listas para degustar!

 

 

Xeado fácil de cacao

Ingredientes:
200 ml nata para montar Feiraco
200 ml de leite Feiraco
1 cullerada de mel
200 g crema de cacao e avelás

Preparación:
– Montamos a nata. Noutro recipiente, mesturamos o leite co mel e a crema de cacao ata que quede homoxéneo.
– Integramos todo con movementos suaves e envolventes.
– Vertemos nun recipiente plano, tapamos con papel de film e reservamos no conxelador durante varias horas.

 

Crema fría de limón

Ingredientes:
2 limóns
150 g de azucre
3 ovos
250 ml de leite enteiro Feiraco
40 g de fécula de maíz

Preparación:
– Bate as xemas co azucre e reserva as claras; engade a fécula de maíz, o zume de dous limóns, a reladura dun limón e o leite Feiraco. Integra todos os ingredientes.

– Leva a mezcla ao lume, sen deixar de remover cunha variña ata que tome corpo e espese un pouco. Retira do lume, verte nun bol para enfriar.

– Monta as claras a punto de neve e incorpóraas na crema fría con movementos envolventes para que non se baixen as claras. Serve nunhas copas e decora ao gosto.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis