Cociña con Feiraco… receitas de aproveitamento!

A comida non se tira! Se hai algo no que nos gusta incidir é na importancia de non tirar nin desperdiciar alimentos, sexan as sobras que nos quedan do xantar de mediodía, o pan duro de toda a semana ou os produtos frescos que acumulamos no frigorífico e que están a punto de pasarse. Hoxe en Cociña con Feiraco… tres receitas de aproveitamento!

 

Crema de brócoli con queixo de Arzúa-Ulloa Feiraco

Ingredientes:

1 cebola en anacos

1 allo porro picado

1 pataca en anacos

1 cabeza de brócoli

200 ml de nata para cociñar Feiraco

80 g de queixo Arzúa-Ulloa Feiraco

aceite de oliva

sal e pementa

auga ou caldo de polo

 

Preparación:
1. Nunha pota refogamos co aceite de oliva a ceboa e o allo porro a lume medio-baixo uns 5 minutos.
2. Engadimos a pataca, cubrimos coa auga ou caldo e deixamos ferver 5 minutos.
3. Engadimos o brócoli cortado en poliñas, cubrimos de auga ou caldo e deixamos cociñar uns minutos ata que todas as verduras estean cocidas.
4. Retiramos do lume, engadimos o queixo en anacos e pasamos polo batedor. Rectificamos o espesor coa nata e servimos.

 

Croquetas de Cocido

Ingredientes:

80 gr de fariña

80 gr de manteiga

1 litro de leite Feiraco 

Noz moscada

Sal

Pementa

Restos do cocido: galiña ou polo, chorizo sen pel, terneira, xamón…

100 gr pan realo

3 ovos

 

Preparación:

1.- Quentamos o leite ata que comece a ferver e deixamos repousar

2.- Nunha cazola, derretemos a manteiga e engadísmolle a fariña peneirada. Removemos durante varios minutos para que coza ben

3.- Engadimos o leite sen deixar de remover

4.- Poñemos sal, pementa e noz moscada ao gusto

5.- Finalmente incorporamos os restos de carne do cocido previamente picados e seguimos removendo ata que a salsa adquira unha consistencia espesa

6.- Vertemos a salsa nunha fonte e tapamos con papel de film. Cando enfríe, metémola na neveira un día

7.- Só nos queda facer pequenas porcións, pasalas por ovo e pan relado e fritir na sartén. Tamén as podes conxelar!

 

Torradas

Ingredientes:

1 barra de pan do día anterior

3 ovos

Leite Feiraco Enteiro

1 taza de azucre

Unha casca de limón

Unha rama de canela

Aceite para fritir

 

Preparación

1. Quetamos o leite coa metade do azucre, a casca de limón e a rama de canela. Deixamos repousar

2. Cortamos a barra de pan en toros d 2-3 cm e sumerxímolos no leite. 

3. Só queda pasalos polo ovo e fritir.

4. Retira as torradas a unha bandexa con papel absorbente

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis