Cociña con Feiraco… dúas sobremesas de Entroido!

Como nos gusta o Entroido en Feiraco! Non hai recuncho de Galicia que non celebre esta festividade tan nosa. Tempo de disfrazarse, de deixar a vergoña na casa e de pasalo ben! Tempo de cigarróns, de peliqueiros e de pantallas! E, sobre todo, tempo de grandes xantares cos mellores produtos da nosa terra.

Ás comidas propias destas datas, compostas de abundantes cocidos con lacón, chourizos, cachucha, orella, grelos ou patacas, séguenlles as sobremesas máis deliciosas. Hoxe traémosvos dúas receitas propias destas datas para incorporar nos vosos menús, xunto coas incondicionais orellas e filloas: rosquillas de nata Feiraco e flores de Entroido.

 

Rosquillas con Nata Feiraco

Ingredientes:

260 g fariña

125 g nata para montar Feiraco

1 ovo

50 g azucre

1 culleradiña de fermento

Reladura de limón

Un chisco de sal

Aceite

 

Preparación

1. Mesturamos a fariña, o azucre e o sal. Incorporamos a reladura de limón, a nata e o ovo.

2. Amasamos coas mans ata conseguir una bola homoxénea e uniforme e deixámola repousar 15 minutos.

3. Para formar as rosquillas, facemos un tira longa e redondeada e unímola polos extremos.

4. Fritimos en abundante aceite. Podemos decorar con azucre glass.

 

Flores de entroido  

Ingredientes:

250 ml de leite enteiro 

1 ovo

1 Pizca de sal 

200 g de fariña de trigo 

Unhas gotas de anís 

zume de laranxa ou canela para aromatizar (opcional) 

Aceite de xirasol para fritir 

Azucre 

 

Preparación:

1. Batemos o leite e o ovo. Engadimos o sal e os aromas elixidos. 

2. Agregamos fariña batendo cun garfo ou batidora ata quedar unha masa sen grumos.

3. Deixamos repousar a masa uns 20 minutos para que espese. 

4. Calentamos abundante aceite de xirasol nunha tixola fonda. Metemos o molde para as flores para que colla temperatura. 

5. Cando o molde esté mol quente e o aceite tamén, o sacamos da tixola e o metemos na masa, deixando sen cubrir a parte superior, e volvemos a meter na tixola sen tocar o fondo. A flor debe desprenderse nuns segundos. 

6. Unha vez dourada cada flor, as pasamos a unha fonte con papel absorbente para retirar o exceso de aceite. Rebozamos con azucre. 

7. Repetimos a operación ata rematar toda a masa.

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis