Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado ou verdura, con só un 18% de materia graxa e sen glute.
Se o que desexas é engadir un toque máis cremoso ás túas receitas, podes combinar ambos produtos co Queixo Feiraco D.O., grazas ao seu sabor suave e a súa textura tenra.
Empregar estes tres produtos para cociñar os teus pratos na casa con ingredientes frescos de tempada, será todo un acerto para o teu padal e a túa saúde. E agora que estamos en outono traemos dúas receitas destas datas para cociñar con Feiraco: Revolto de cogomelos e castañas, e Quiche de lacón con grelos.
Quiche de lacón con grelos
Ingredientes:
150 g de grelos cocidos
150 g de lacón cocido
Aceite de oliva virxe extra, sal e pementa
1 lámina de masa brisa
1 cebola pequena
4 ovos
150 ml de leite ou nata para cociñar Feiraco
150 g de queixo Arzúa-Ulloa Feiraco
Preparación:
• Forramos un molde coa masa brisa e cocemos no forno a 200ºC ata que estea dourada. Reservamos.
• Picamos a cebola e sofritimos uns minutos. Engadimos o lacón cocido e os grelos escorridos. Salpimentamos.
• Batimos os ovos e engadimos o leite e 100 g de queixo.
• Vertemos na masa primeiro o sofrito, a continuación o batido de ovos e leite, e por enriba queixo relado.
• Levamos a tarta ao forno a 200ºC, ata que estea callada.
Revolto de cogomelos e castañas
Ingredientes:
200 g Cogomelos de distintas variedades
200 g de castañas galegas
4 ovos
1 xorro de nata para cociñar Feiraco
1 ceboliña
Aceite de oliva, pementa e sal
4 rebanadas de pan galego
250 g de queixo Feiraco Arzúa-Ulloa
Preparación:
• Escaldamos as castañas en auga fervendo. Escorremos e envolvemos nun pano limpo para pelar a pel. Troceamos e fritimos en aceite de oliva. Deixámolas escorrer sobre papel de cociña.
• Gratinamos no forno as rebanadas de pan co queixo Feiraco Arzúa-Ulloa por riba.
• Pochamos a ceboliña picada. Cando estea transparente, engadimos os cogomelos limpos e troceados. Engadimos os ovos e nata batidos para o revolto. Salpimentar.
• Sobre o pan con queixo fundido, servimos o revolto e adornamos coas castañas.
Bó proveito!