Cinco ideas de batidos con Leite Feiraco

A quen non lle entra a fame entre horas con esta calor? Hoxe propoñémosche 5 ideas de batidos para gozar con Feiraco este verán.

1. Batido verde

Se queres tomar algo rico, pero manter a liña, o batido verde é o perfecto para ti.

Ingredientes:

– 1 porción de piña

– 2 amorodos

– 1/2 plátano

– 150 ml de leite desnatado Feiraco

– 3 cuncas de espinacas

– Sementes de chía

 

Como o facemos?

Paso 1: Pelamos a piña, amorodos e o plátano e cortámolo todo en anacos pequenos

Paso 2: Limpamos as follas de espinaca

Paso 3: Engadimos as froitas, espinaca e o leite nun recipiente (se o queres máis fresquiño podes engadir un pouco de xeo picado)

Paso 4: Batemos todo ata que a mestura estea homoxénea e non haxa anacos de froita

Paso 6: Chegou o momento de servir nun vaso, engadir as sementes de chía e saborealo

 

2. Batido de chocolate

Aínda que, ás veces, apetece máis algo doce como un batido de chocolate, ou non?

Ingredientes:

– 200 ml de leite enteiro Feiraco

– 2 culleradas cacao en po

– 1/2 plátano

– canela (ao gusto)

– mel (ao gusto)

 

Como o facemos?

Paso 1: Collemos un recipiente no que podamos mesturar os nosos ingredientes para logo batelos

Paso 2: Mesturamos o cacao e o leite

Paso 3: Cortamos o plátano en anacos e engadímolo ao recipiente

Paso 4: Para adozar (un pouco máis) noso batido, engade mel ao gusto

Paso 5: Bate todo o contido do recipiente

Paso 6: Bota o batido nun vaso, engádelle canela ao gusto e a gozar!

 

3. Batido de verán

Por que non gozar das mellores froitas do verán nun refrescante batido?

Ingredientes:

– 1 pexego

– 1 limón

– 150 ml de leite semidesnatado Feiraco

– Azucre (ao gusto)

 

Como o facemos?

Paso 1: Pelamos o pexego e cortámolo en anacos

Paso 2: Esprememos o limón

Paso 3: Mesturamos o leite, o pexego e o zume de limón nun recipiente

Paso 4: Engadimos azucre ao gusto

Paso 5: Batemos todo ata que estea homoxéneo

Paso 6: Bebémolo!

 

4. Batido limpador

No verán é moi normal aumentar o ritmo de vida e perder os bos hábitos alimenticios, por iso temos a solución perfecta: o batido limpador.

Ingredientes:

– 50 gr de uva negra

– 20 gr de arandos

– 1 porción de piña

– 150 ml de leite desnatado sen lactosa Feiraco

 

Como o facemos?

Paso 1: Cortamos a piña en anacos

Paso 2: Engadimos toda a froita nun recipiente co leite

Paso 3: Batemos todo ata que quede líquido

Paso 4: Gozamos dun batido rico e san

 

5. Batido tropical

E para aqueles que temos que quedarnos traballando, pero gústanos visualizarnos nunha praia no caribe, podémonos tomar un batido tropical para que a imaxinación flúa.

Ingredientes:

– 1/4 mango

– 1/4 papaia

– 1 porción de piña

– Raiadura de coco

– 150 ml de leite semidesnatado sen lactosa Feiraco

– 1 cullerada de azucre

 

Como o facemos?

Paso 1: Pelamos o mango e a papaia.

Paso 2: Cortamos en anacos a piña, o mango e a papaia.

Paso 3:  Vertemos o leite e a raiadura de coco nun recipiente e engadimos as froitas e o azucre

Paso 4:  Trituramos ata ter unha textura espumosa

Paso 5: Servimos a bebida nun vaso, pechamos os ollos e imaxinámonos nun paraíso tropical

Non esquezas que todas as receitas pódense facer con leite sen lactosa! Consulta as nosas variedades.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis