A Exquisiña, a tarta de queixo galega

Feiraco, Pazo de Vilane e Quescrem unímonos para presentar unha tarta de queixo moi especial que esperemos que moi pronto se faga en todos os fogares galegos: a EXQUISIÑA!

 

De seguro que ao longo da túa vida probaches decenas de cheesecakes: americana, xaponesa, grega… Pero non botabas en falta contar cunha verdadeira tarta de queixo galega? Nós si!

 

Feiraco, Pazo de Vilane e Quescrem puxémonos mans ó obra e aliámonos para crear a EXQUISIÑA: A Tarta de Queixo Galega.

 

Pero non o fixemos sós: contamos coa colaboración duns chefs de excepción cos que foi un luxo traballar: Lucía Freitas e Pablo Gallego, dous baluartes da gastronomía galega que crearon a receita exclusiva da nosa EXQUISIÑA coa suma perfecta destes 3 produtos galegos: os ovos de Pazo de Vilane de galiñas criadas en liberdade; a mellor nata Feiraco procedente de leite de vacas galegas; e o saboroso queixo crema galego Quescrem, dunha grande utilidade culinaria.

 

Descubre a receita e opta a gañar fantásticos premios na web oficial da EXQUISIÑA!

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis