Receitas infantís: flan de Queixo Tetilla

Quen se resiste a un delicioso flan? Se, ademais, conta entre os seus ingredientes cun dos produtos galegos de máis tradición e sabor como é o Queixo Tetilla, triunfaremos seguro.

Agora que os pequenos están de vacacións e dispoñemos de máis tempo para facer plans en familia, por que non pasamos con eles un anaco agradable e divertido na cociña? Esta sinxela e saborosa receita é perfecta para preparar todos xuntos. Ademais, trátase dunha proposta moi fresca e nutritiva para as sobremesas de verán.

Xunto coa receita, propoñémosvos tamén unha ficha de actividades. Ademais de dar renda solta á súa creatividade coloreando, os pequenos aprenderán a identificar a procedencia dalgúns dos queixos máis coñecidos ou reflexionar sobre a orixe de determinados produtos. Perfecto para entretelos mentres se cociña o flan no forno!

Tanto a receita cos pasos do proceso como a táboa de actividades para os nenos están preparadas en formato A4 para que as podades imprimir se así o preferides.

Receita flan de queixo tetilla Feiraco

Actividades propostas

Actividades flan de queixo tetilla Feiraco

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis