De onde vén o leite? Nova edición

Vimos de reeditar os nosos contos “De onde vén o leite?”, unha iniciativa concebida para achegar aos escolares de toda Galicia o proceso do leite.

Con textos de Enrique Mauricio e ilustracións de Carlos Taboada, os contos amosan dun xeito didáctico e divertido, adaptado aos nenos/as de infantil e primaria, o método de traballo da nosa cooperativa e cal é o camiño que percorre o leite dende a súa orixe nas granxas ata a mesa das súas casas: como é o coidado das vacas, a súa alimentación e muxidura, que tratamento recibe o leite na fábrica, como se realiza o envasado, que tipo de produtos e derivados se fan con el…

Sen dúbida, unha maneira perfecta para aprender e achegarse a un dos sectores estratéxicos máis importantes de Galicia. Máis abaixo tédelos á vosa disposición para que poidades lelos e compartilos con quen queirades.

 

Conto para alumnado de Infantil

Imos de excursión a unha granxa Feiraco.

 

 

Conto para alumnado de Primaria

Roi ve unha vaca por primeira vez.

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis

FEIRACO lanza iogures galegos e de cooperativa

8 Outubro, 2025

Ler máis

Dez tempadas de alianza: Feiraco renova o seu patrocinio co RC Deportivo de A Coruña

6 Outubro, 2025

Ler máis