Dende a granxa ata a túa mesa con todas as garantías de calidade. En Feiraco temos o noso propio xeito de facer as cousas no sector lácteo, caracterizado pola transparencia e a constante innovación para seguir mellorando os nosos procesos de produción. É o que a nós gústanos denominar o Método Feiraco.
O noso esforzo pola calidade e a innovación está avalado por unha serie de etiquetas e certificacións, como Galega 100%, Galicia Calidade ou IFS Food. Para vós, como consumidores, estes selos son a garantía de que o leite Feiraco, producido integramente en granxas galegas, conta coa máxima calidade dende a orixe.
A alimentación e o coidado das vacas, a nosa prioridade
O noso traballo comeza mesmo dende antes de que as vacas dean o leite. Uns animais ben alimentados van producir un leite máis saudable. Os nosos granxeiros reciben asesoramento técnico permanente, dende a fertilización ata a produción de forraxe ou a alimentación das vacas. Ademais, fabricamos os nosos propios pensos e suplementos alimenticios, deseñados á medida das vacas para que poidan producir o mellor leite. Todo isto, unido aos mellores pastos de Galicia, garante a excelente calidade da materia prima.
Despois da súa alimentación, o benestar e coidado das nosas vacas é outra das nosas principais preocupacións, xa que diso tamén depende a calidade do leite Feiraco. Unha curiosidade? Canto máis tempo está tombada unha vaca e maior é o fluxo de sangue no seu ubre, maior vai ser a produción de leite. As granxas Feiraco dispoñen dunhas camas especiais que facilitan o seu descanso e comodidade con todas as garantías sanitarias.
Controlamos todo o proceso
Hixiene alimentaria, trazabilidade e controis sanitarios permanentes ao longo de todo o proceso forman parte do camiño que percorre o leite dende a orixe ata o seu envasado final.
As nosas granxas, todas elas situadas en Galicia, alcanzan de xeito continuado uns parámetros superiores aos esixidos polas normas comunitarias, tanto en materia de saneamento e seguridade alimentaria coma no cumprimento dos máis altos estándares de calidade do leite.
Ademais, en Feiraco sempre estamos a traballar para mellorar os seus os nosos procesos de traballo, innovando na creación de produtos lácteos diferenciais no mercado ou probando novas texturas e combinacións de ingredientes co obxectivo de lograr satisfacer os gustos dos consumidores e coidar a súa saúde.
E todo, sen esquecer o noso compromiso con Galicia, coa nosa xente e co noso ámbito, que é onde ao final reverte toda a nosa actividade económica.
Este é o noso método, a nosa receita, a que levamos coidando e mellorando durante de 50 anos.